A igrexa de San Salvador de Manín é o templo parroquial de Manín, Lobios. Foi construída orixinalmente na aldea de Manín, de arquitectura Barroca, baixo a advocación de Santa Eufemia.
Descrición
No ano 1764 foi trasladada a Aceredo[1], ficando en Manín a parte da sancristía que se converteu na capela da aldea en honra a Santa Eufemia. En Aceredo é ampliada con naves laterais e sancristía para formar unha cruz.
Pola Semana Santa, en Aceredo, facíase un viacrucis ao redor da igrexa, no terreo onde estaba o adro.
En Aceredo, aínda sendo a igrexa parroquial e de advocación a San Salvador, celebrábase o Santiago e a Santa Ana, santos locais.
En 1992 foi desmontada pedra a pedra para salvala do encoro de Lindoso e trasladada á súa nova localización na Travesa, entre Ludeiros e Compostela[2], moi preto da casa da Escusalla. Nesta nova localización venérase a San Salvador e é coñecida coma a igrexa de San Salvador de Manín.
É coñecida polos veciños coma a igrexa viaxeira ou transhumante[3].
Nunha cota máis baixa atópase o cemiterio de San Salvador de Manín.
Retablo
Conta cun importante retablo e altares barrocos.
Galería de imaxes
-
Igrexa parroquial de San Salvador de Manín.
-
Igrexa parroquial de San Salvador de Manín entrada.
-
Igrexa de San Salvador de Manín vista dende o lado leste.
-
Igrexa de San Salvador de Manín vista dende a entrada ao cemiterio
-
Parte traseira oeste da igrexa de San Salvador de Manín
-
Parte traseira da igrexa de San Salvador de Manín
-
San Salvador de Manín no muro exterior da igrexa
-
San Salvador de Manín no muro exterior da igrexa
-
Igrexa de San Salvador de Manín vista dende a Escusalla
-
Igrexa de San Salvador de Manin vista dende a Escusalla
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas