A igrexa de San Martiño de Noia é un dos monumentos relixiosos e históricos máis representativos da vila de Noia.
Descrición
Trátase dunha igrexa consagrada en 1434 de estilo oxival. Ten unha soa nave e ábsida octogonal, o pórtico é unha imitación do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Foi construída por iniciativa do arcebispo de Santiago Lope de Mendoza, cuxo escudo se exhibe no tímpano da entrada. A Igrexa está situada na praza do Tapal, fronte á hoxe desaparecida fortaleza do mesmo nome e o pazo dos Churruchaos.
Galería de imaxes
-
Rosetón.
-
Entrada principal.
-
Entrada principal.
-
Porta lateral.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas