Ignacio González Montes, nado en Cangas o 24 de decembro de 1910, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria
Fichou polo Celta de Vigo en 1933, por aquel entón tentando conseguir o seu primeiro ascenso a Primeira División, porén os seus primeiros minutos co Celta serían no Campionato galego, título que gañaría o equipo celeste.
Co Celta participou no primeiro ascenso do equipo na tempada 1935/36, e sería un dos poucos xogadores que tamén debutarían na máxima categoría, xa que este debut tivo que agardar tres anos ao producirse o golpe de estado militar contra a Segunda República Española que desembocou na Guerra Civil, sufrindo gran parte dos futbolistas as penurias da guerra e da represión franquista.
Finalmente debutou na cuarta xornada da tempada 1939/40, do que sería o seu último ano no Celta.