I May Destroy You é unha serie de televisión británica creada, escrita e dirixida por Michaela Coel para BBC One e HBO. A serie localízase en Londres e ten un elenco principalmente afrobritánico.[1] Coel protagoniza o papel de Arabella, unha escritora na vintena que intenta reconstruír a súa vida após ser violada. A serie estreouse o 8 de xuño de 2020 en BBC One e o 7 de xuño de 2020 en HBO.[2]
De acordo con Metacritic é a serie de televisión máis valorada pola crítica de 2020,[3] e foi descrita polo The New York Times como "a serie perfecta para un mundo ansioso".[4] Gañou os BAFTA á mellor miniserie, á mellor dirección de serie dramática, ao mellor guión de serie dramática e á mellor actriz.
Tamén é candidata a nove Premios Primetime Emmy.[5]
Sinopse
Arabella (Michaela Coel) é unha novelista coñecida a través de Twitter que acada a fama coa súa primeira obra Chronicles of a Fed-Up Millennial. Considerada unha icona para o público milenial, non consegue avanzar no seu segundo libro. Na véspera da data de entrega dun adianto da obra, decide tomar un descanso para quedar pola noite cuns amigos en Londres. Á mañá seguinte, non é quen de lembrar o que lle pasou, pero vaino esclarecendo aos poucos coa axuda dos seus amigos Terry (Weruche Opia) e Kwame (Paapa Essiedu).
Elenco e personaxes
Principais
Recorrentes
- Marouane Zotti como Biagio, mozo de Arabella en Ostia, Italia.
- Stephen Wight como Ben, compañeiro de piso de Arabella.
- Adam James como Julian, axente literario de Arabella.
- Natalie Walter como Francine, axente financeiro de Arabella.
- Aml Ameen como Simon, amigo de Arabella.
- Lara Rossi como Kat, moza de Simon.
- Ann Akin como Alissa, amante de Simon.
- Chin Nyenwe como Tariq, amigo de David.
- Lewis Reeves como David, de Ego Death.
- Sarah Niles como oficial Funmi.
- Mariah Gale como oficial Beth.
- Rebecca Calder como Shirley, vítima de violación.
- Andi Osho como Carrie, terapeuta de Arabella.
- Fehinti Balogun como Damon, ligue de Kwame.
- Karan Gill como Zain Tareen, escritor de Henny publishing.
- Tobi King Bakare como Nicholas, irmán de Arabella'.
- Ellie James como Sion, asistente de Susy.
- Franc Ashman como Susy Henny, editora de Arabella.
- Harriet Webb como Theodora, compañeira de clase de Arabella e Terry.
- Shalisha James-Davis como Loretta, membro do grupo de apoio de Theodora.
- Gaby French como Theodora (adolescente).
- Danielle Vitalis como Arabella (adolescente).
- Lauren-Joy Williams como Terry (adolescente).
- Pearl Chanda como Nilufer, ligue de Kwame.
- Gershwyn Eustache Jnr como Tyrone, ligue de Kwame.
- Tyler Luke Cunningham como Kai, ligue de Terry.
Convidados
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas