O INTA-100 foi un foguete sonda español de dúas etapas desenvolvido polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial nos anos 1980 para a investigación meteorolóxica.
O seu desenvolvemento tiña como obxectivo lanzar cargas útiles pequenas, así como a preparación do futuro programa Capricornio. O primeiro lanzamento de probas tivo lugar o 11 de xuño de 1984, sucedido por outros até o lanzamento en condicións reais, o 7 de abril de 1992.[1][2]
Era capaz de levar unha carga útil de 6 kg até 115 km de apoxeo. A súa masa total era de 70 kg, cun diámetro de 10 cm e unha lonxitude de 4 m. A combustión do seu motor principal duraba 42 segundos.[3] Usaba como primeira etapa o foguete aire-terra INTA S-12 e como segunda, a chamada Urbión. O foguete foi producido integramente en España e foi utilizado polo Instituto Nacional de Meteorología.[4]
Historial de lanzamento do foguete INTA-100[4][5]
Sitio de lanzamento
|
Data
|
Referencia
|
Propósito do lanzamento
|
Resultado
|
O Arenosillo
|
11/06/1984
|
INTA MZ-8401
|
Proba, Zorzal 1, Maqueta
|
Éxito
|
12/06/1984
|
INTA MZ-8402
|
Proba, Zorzal 2, Maqueta
|
Éxito
|
13/06/1984
|
INTA RP-8401
|
Lastrado, Rocío 1
|
Éxito
|
27/03/1985
|
INTA RP-8501
|
Lastrado, Rocío 2
|
Éxito
|
18/06/1985
|
INTA RP-8502
|
Lastrado, Rocío 3
|
Fallo
|
24/06/1985
|
INTA RP-8503
|
Lastrado, Rocío 4
|
Éxito
|
13/11/1985
|
INTA RP-8504
|
Lastrado, Rocío 5
|
Éxito
|
15/11/1985
|
INTA RP-8505
|
Chaff, Rocío 6
|
Éxito
|
17/10/1990
|
INTA MZ-9001
|
Proba, M0, Maqueta
|
Éxito
|
21/10/1990
|
INTA MZ-9002
|
Proba, M1, Maqueta semiactiva
|
Éxito
|
22/10/1990
|
INTA MZ-9003
|
Proba, M2, Maqueta semiactiva
|
Éxito
|
18/01/1991
|
INTA RP-9101
|
Proba, Rocío 7, Prototipo
|
Éxito
|
18/01/1991
|
INTA RP-9102
|
Meteo, Rocío 8, Prototipo
|
Fallo
|
14/10/1991
|
INTA RP-9103
|
Proba, Rocío 9, 25 anos en Arenosillo
|
Éxito
|
15/10/1991
|
INTA RP-9104
|
Proba, Rocío 10
|
Éxito
|
07/04/1992
|
INTA RP-9201
|
Carga de pago tecnolóxica, Rocío 11
|
Éxito
|
08/04/1992
|
INTA RP-9202
|
Carga de pago tecnolóxica, Rocío 12
|
Éxito
|
Véxase tamén
Referencias