O IES Salvador de Madariaga é un instituto situado no Paseo de Ronda da Coruña, dentro do complexo coñecido como Cidade Escolar.
Neste centro impártese a educación secundaria obrigatoria, os bacharelatos de Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais e Artes escénicas, música e danza.[2]
Historia
O instituto foi fundado o 23 de setembro de 1947 cando se trasladou a sección masculina ao novo edificio, quedando a feminina no Eusebio da Guarda, sendo un dos Institutos Históricos de Galicia. O edificio foi obra do arquitecto Eusebio Sánchez.[3]
Os directores recentes (tras Enrique Míguez Tapia 1947-1977) foron:
- Tino Trillo Varela: 1994-2006
- Rosaura Hernández Nistal: 2006-2011
- Carlos Javier González Alonso: 2011-2013
- María Gromaz de los Santos: 2013-2016
- Juan Carlos Sanmartín Fernández: 2016-2021
- María Gromaz de los Santos: 2021-2024
- Francisco Canoura Quintana:2024-actualidade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas