O Instituto de Ensino Secundario Manuel Murguía é un centro educativo público situado en Arteixo, que imparte ensino de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato. Tamén é sede da Sección de Arteixo da Escola Oficial de Idiomas da Coruña.[1]
Depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Conta con dous edificios, que acollen unha media de entre 750 e 850 alumnos. A directora, en 2022, é María Begoña Campos Souto.
Proxectos e actividades
O Manuel Murguía realizou varias actividades solidarias, como galas solidarias con Cáritas para loitar contra a fame.[2][3]
O centro recibiu un premio da Xunta en 2020 por un proxecto social que fomentaba a igualdade e a non discriminación.[4]
Ademais conta cunha publicación, a Revista Pudingas, creada polos alumnos e financiada polo Departamento de Dinamización Lingüística.
Notas