«I'm a Loser» é unha canción composta por John Lennon[1] e acreditada ao dúo Lennon/McCartney. Foi gravada pola banda británica The Beatles e lanzada coma a segunda pista do álbum Beatles for Sale, de 1964. Tamén foi lanzada nos Estados Unidos coma a segunda pista do álbum Beatles '65. Na Galiza, a primeira aparación desta canción foi na edición española[2], do 4 de xaneiro de 1965.
Composición e letra
John Lennon afirmou nunha entrevista en 1980 que ao compoñer esta canción atopábase «no seu período Dylan»[3].
A canción bebe da música country norteamericana, collendo prestados desta elementos coma o fingerpicking ou a mensaxe triste e melancólica. Referíndose a isto último, «I'm a Loser» é considerada en moitas ocasións coma a primeira canción dos Beatles que vai máis aló dun simple romance infeliz[4], reflectindo os sentimentos do eu poético dun xeito complexo e escuro.
Persoal
Notas