O armorial Hyghalmen (alemán: Hyghalmen Wappenrolle), tamén coñecido como High Almain Roll, é un armorial alemán que se conserva no College of Arms de Londres.
Características
Foi realizado en Colonia ou nos seus arredores. Non está datado de xeito uniforme na bibliografía: 1447-1455 (Rodney Dennys), c. 1450 (Gwynn-Jones), c. 1485 ou c. 1520 (Emmanuel de Boos). Está en posesión do College of Arms após ser legado por Thomas Benolt (†1534), anterior propietario e superior dos reis de armas provinciais (Clarenceux King of Arms) da propia institución inglesa.
Contén 691 escudos, entre os que se inclúen armas fabulosas como as de Xesús Cristo e de anxos, así como armas de nobres alemáns, do delfín de Francia e de condes saxóns. Tamén se representa o escudo de Galiza, sendo esta unha das máis antigas representacións que incorpora as cruces.
Algunhas imaxes amosan características propias da heráldica alemá, como a repetición de temas no escudo e na cimeira.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas