A súa pelaxe é de co parda agrisada, con franxas negras diagonais nas patas e verticais nos flancos do corpo. Presenta unha crina escura que vai desde a caluga até unirse coa peluda e abrancazada cola.
Mide de 95 cm a 1,20 m de lonxitude, e alcanza de 65 a 80 cm de Altura na cruz. O seu peso varía de 25 a 35 kg para as femias e de 35 a 45 kg para os machos.
Os cuartos dianteiros son un pouco máis longos que os traseiros, as orellas son grandes e case sempre están erectas e orientadas cara a adiante. Posúe unhas mandíbulas moi fortes que lle permiten romper ósos e esgazar duros pelellos de cadáveres,
os cales son parte importante da súa dieta.
Forma grupos cando se reproduce e noutras ocasións, pero normalmente é solitaria.
Debido aos hábitos deste animal de saciarse aproveitando as presas matadas por outros depredadores é inevitábel a confrontación con estes.
Dependendo da zona, as hienas raiadas poden librar batallas con outras especies de hienaa, lobos, leóns, guepardos e leopardos, entre outros, aínda que non adoitan estas loitas acabar en morte.
Na India, onde a hiena raiada rivaliza mesmo co tigre), algúns tigres xuvenís morren en loitas con estas hienas.
As hienas raiadas carecen de depredadores naturais, pero polos motivos mencionados en ocasións morren nas pelexas con outros carnívoros.
Lonxevidade
A hiena riscada pode vivir de 20 a 25 anos na natureza, e até os 40 anos nos zoos.
Estado de conservación
A UICN cualificou en 2008 o seu estado de conservación da especie como NT (algo preocupante), cualificación que se mantén na actualidade.[1]
↑Hyaena hyaena en Arctos.database (en inglés). Consultada o 20 de marzo de 2015.
↑Nowak, Ronald M. (1999): Walker's mammals of the world. Volume 2, 6ª edición. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
Heptner, V. G. & Sludskii, A. A. (1992): Mammals of the Soviet Union: Carnivora (hyaenas and cats), Volume 2. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Libraries and National Science Foundation. Ver texto completo.
Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
Mills, Gus & Hofer, Heribert (1998): Hyaenas: status survey and conservation action plan. IUCN/SSC Hyena Specialist Group. ISBN 2-8317-0442-1.
Rosevear, Donovan Reginald (1974): The carnivores of West Africa. Londres: Trustees of the British Museum (Natural History). ISBN 0-5650-0723-X.
Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds). (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference]]. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.