O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez é un hospital xeral de carácter privado situado na cidade de Pontevedra, xestionado polo grupo hospitalario Quirónsalud. Atópase en pleno centro da cidade.
Historia
Foi fundado en 1947[3] como sanatorio polo traumatólogo asturiano Miguel Domínguez Rodríguez na rúa Joaquín Costa.[4] Ao principio o hospital era ao 90% de Traumatoloxía, pero foise profesionalizando e ampliando as súas especialidades ata converterse nun hospital xeral.[5] Funcionou como unha empresa familiar desde a inauguración do sanatorio, o 16 de xullo de 1949, ata 1996 cando se fixo a ampliación máis importante, coa edificación da parte correspondente á rúa Castelao.[6]
Converteuse en hospital no ano 2000. Reinaugurouse como tal o 1 de febreiro de 2000, coa presenza do presidente da Xunta de Galicia.[1] En 2009 constituíuse como Grupo Hospitalario Miguel Domínguez tras a fusión de tres centros privados: o Hospital Miguel Domínguez, o Policlínico Miguel Domínguez e a Clínica Médica La Merced. En 2011 incorporou ao grupo hospitalario o Centro de Rehabilitación e Fisioterapia na rúa San Pedro de Alcántara.[6]
O 16 de outubro de 2015 o grupo hospitalario privado Quirónsalud comprou o hospital principal do centro da cidade á familia Domínguez, así como o centro policlínico de especialidades da rúa Castelao, o centro de rehabilitación e fisioterapia da rúa San Pedro de Alcántara e o sanatorio de la Merced no lugar de Andurique (Poio), moi próximo á cidade, que se converteu en Instituto de Neurorehabilitación[3][6][7] e que foi finalmente trasladado ao Hospital Quirón do centro de Pontevedra en xaneiro de 2024.[8]
Descrición
O hospital Quirón de Pontevedra ten entrada polas súas dúas fachadas, na rúa Frei Xoán de Navarrete (entrada principal) e na rúa Castelao, onde se atopa o servizo de urxencias e de análises clínicas. Conta con máis de 50 médicos especialistas, 5 quirófanos e avanzada tecnoloxía de probas e diagnóstico.[3] Ten tamén outras instalacións como laboratorio de análises e salón de actos.[6]
Foi o primeiro centro sanitario privado de Pontevedra en contar cun respirador artificial e en dispoñer dun escáner, unha resonancia magnética ou quirófanos «intelixentes».[6]
O Hospital ten un concerto co Servizo Galego de Saúde (Sergas) como hospital acreditado para derivar pacientes. A este centro van os lesionados en accidentes laborais e de tráfico.[6]
Galería
-
Fachada dianteira do hospital na rúa Frei Xoán de Navarrete
-
Relevo representando a Medicina na entrada do Hospital, do escultor Lucas Míguez
-
Detalle do relevo na entrada principal na rúa Frei Xoán de Navarrete
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "De sanatorio con una sola consulta y dos camas a complejo con cuatro centros de referencia". Diario de Pontevedra (en castelán). 20 de outubro de 2015.
- ↑ "Catálogo Nacional de Hospitales 2022" (PDF). Ministerio de Sanidad (en castelán). 30 de decembro de 2016. p. 247. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de xaneiro de 2023. Consultado o 09 de xaneiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Los centros sanitarios de Quirónsalud Pontevedra implantan su nueva imagen corporativa". Pontevedra Viva (en castelán). 30 de decembro de 2016.
- ↑ "Los Domínguez, una saga imprescindible". Faro (en castelán). 20 de outubro de 2015.
- ↑ "«Mis mejores recuerdos como médico son los inicios con mi padre»". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de decembro de 2008.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 "Los Domínguez venden su hospital". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de outubro de 2015.
- ↑ "La familia Domínguez vendió su hospital al grupo Quirónsalud". Pontevedra Viva (en castelán). 2 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Quirón traslada al Domínguez el Instituto de Neuro-rehabilitación de La Merced". Diario de Pontevedra. 23 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Lugares senlleiros | |
---|
Edificios civís | |
---|
Edificios relixiosos | |
---|
Monumentos e esculturas | |
---|
Prazas e rúas | |
---|
Pontes | |
---|
Restos arqueolóxicos | |
---|
Museos | |
---|
Artes escénicas | |
---|
Educación e Cultura | |
---|
Parques e espazos naturais | |
---|
Instalacións deportivas | |
---|
Exposicións e espectáculos | |
---|
Hospitais | |
---|
Transportes | |
---|
Barrios | |
---|
Medios de comunicación | |
---|
Eventos | |
---|
Asociacións culturais | |
---|
|