Holyrood

Modelo:Xeografía políticaHolyrood
Imaxe

Localización
Mapa
 55°57′03″N 3°10′50″O / 55.9508, -3.1806
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloCidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata

Holyrood (scots: Halyruid,[1] escocés: Taigh an Ròid)[2] é unha área da cidade de Edimburgo, a capital de Escocia. O nome procede dunha anglización do termo escocés Haly Ruid (Santa Cruz).

Localización

Atópase xusto ao leste do centro da cidade, no fondo coa costa da Milla Real, a principal arteria histórica da cidade, que precisamente comunicaba o Castelo de Edimburgo co Palacio de Holyroodhouse, a residencia dos monarcas británicos en Escocia.

Interese

Holyrood foi nun tempo unha vila separada do Canongate, o centro histórico de Edimburgo , ata 1856. Na actualidade Holyrood acolle o Palacio de Holyroodhouse, a sede do Parlamento escocés, a abadía de Holyrood e un museo temático científico, especializado en xeoloxía, chamado Our Dynamic Earth. Polo demais, a área está chea de vivendas residenciais e de edificios gobernamentais.

Notas

  1. "Names in Scots - Places in Scotland". scotslanguage.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  2. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!