Hodoyoshi 4 é un satélite artificial xaponés lanzado o 19 de xuño de 2014 xunto con Hodoyoshi 3 mediante un foguete Dnepr desde Dombarovskiy.[2][5][6]
Características
Hodoyoshi 4 forma parte dun conxunto de satélites experimentais de obervación terrestre deseñados pola Universidade de Tokio. Foi construído por NESTRA e ten unha masa de 64 kg. O seu sistema óptico ten unha resolución de 5 m, estabilízase nos tres eixos e o seu panel solar xera unha potencia de 100 W. Leva a bordo tamén un sistema de propulsión iónica e un sistema de comunicacións baseado no concepto de almacenar e reenviar.[2][5][6]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "HODOYOSHI 4" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2020). "Hodoyoshi 4" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Hodoyoshi 4" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020.
- ↑ "Note verbale dated 8 January 2015 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (15-01251 (E)): 5. 24 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Hodoyoshi 4" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2020). "Hodoyoshi" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos