High Life é un filme de 2018 dirixido por Claire Denis, no seu debut como directora dun filme en lingua inglesa. O guión foi escrito por Denis e o seu colaborador habitual Jean-Pol Fargeau. Está protagonizado por Robert Pattinson e Juliette Binoche, e céntrase nun grupo de criminais enviados nunha misión espacial cara a un buraco negro mentres participan en experimentos científicos.
O físico e experto en buracos negros Aurélien Barrau foi contratado como experto científico e o artista Olafur Eliasson deseñou a nave espacial do filme.[3] High Life estreouse o 9 de setembro de 2018 no Festival Internacional de Cinema de Toronto.[5][6]
Personaxes
Notas