Hermann Maier

Modelo:BiografíaHermann Maier

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Altenmarkt im Pongau, Austria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesquiador alpino, Professor de esqui (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAustria Editar o valor en Wikidata
Deporteesquí alpino Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaSuper-G (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2006Esqui alpino nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - Slalom gigante masculino (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
2006Esqui alpino nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - Super-G masculino (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1998alpine skiing at the 1998 Winter Olympics – men's giant slalom (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1998alpine skiing at the 1998 Winter Olympics – men's Super-G (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webhm1.com Editar o valor en Wikidata
Olympic.org: hermann-maier Editar o valor en Wikidata

Hermann Maier, nado en Altenmarkt im Pongau o 7 de decembro de 1972, é un ex-esquiador austríaco que gañou dúas medallas de ouro olímpicas (4 medallas en total), tres campionatos do mundo (6 medallas en total), 4 xerais da Copa do Mundo (e 10 Copas do Mundo en diferentes disciplinas) e 54 vitorias na Copa do Mundo de Esquí Alpino (cun total de 96 podios). Foi un dos mellores expoñentes do deporte. O martes 13 de outubro de 2009 anunciou a súa retirada definitiva da competición, tras unha lesión no xeonllo dereito producida no mes de marzo e que tivo que ser operada.[1]

Traxectoria

Inicios

Maier no "Day of Sports" de Viena en 2006.

Aínda que a Maier inicialmente non lle entusiasmaba o éxito no esquí, ía á escola de esquí Schladming, mais aos seus 15 anos foi enviado á casa porque tiña unha constitución débil debido ao seu crecemento. Unha vez na casa estivo na escola de esquí do seu pai en Flachau. No verán dedicábase a traballar como albanel e no inverno como profesor de esquí.

Participando en carreiras locais ilegais, Maier comezou a destacar como campión rexional en Salzburgo e no Tirol, pero aínda non se gañou un sitio no equipo da Copa do Mundo de esquí de Austria. O seu sobresaliente talento foi recoñecido por primeira vez polos adestradores austríacos en 1996 cando se colocou co duodécimo mellor tempo no slálom xigante da Copa do Mundo en Flachau, aínda que Maier só estaba a abrir a pista e non participaba na competición. Isto foi o principio da súa carreira internacional.

Carreira

En febreiro de 1997 gañou o seu primeiro evento na Copa do Mundo, unha carreira do Super-G en Garmisch-Partenkirchen, Alemaña. Rapidamente estableceuse como un esquiador explosivo e dinámico, ben coñecido pola súa forza e a súa valentía tomando risco e o esforzo sen fin que puña nas súas sesións de adestramento. Dende entón foi dominador no esquí alpino, dende o slálom xigante ata o descenso.

Nos Xogos Olímpicos de Nagano (1998) sufriu na proba de descenso unha das caídas máis espectaculares que se lembran cando saíu despedido polo aire cando ía máis de 100 quilómetros por hora voando literalmente unha centena de metros e rompendo finalmente dúas proteccións que non lograron detelo totalmente, parando case 30 metros despois. Estas imaxes deron a volta a todo o mundo e mesmo foi a portada de Sports Illustrated. Foi tan impresionante como a súa expresión de normalidade ao erguerse e abandonar polo seu propio pé a pista con só molestias no xeonllo e o ombreiro e que a pesar das súas lesións gañase nos días seguintes a medalla de ouro no slálom xigante e no super-G. Ese mesmo ano gañou a Copa do Mundo global e a modalidade de Super-G. Nos anos 2000 e 2001 volveu gañar a competición global da Copa do Mundo.

A súa prometedora carreira estivo a piques de truncarse definitivamente tras un accidente de moto en agosto de 2001 no que chocou cun automóbil camiño da casa tras unha sesión de adestramento. Os médicos estiveron a piques de cortarlle unha perna, mais a súa insistencia así como a decisión e fe do cirurxián Arthur Trost (que durante varias horas loitou coa fractura aberta, cos tendóns e os ósos esnaquizados para evitar unha amputación que parecía inevitable) salvaron mediante unha intensiva cirurxía reconstrutiva a perna esquerda do mellor esquiador do momento. Contaba entón con tres Globos de cristal (Xeral da Copa do Mundo), 41 triunfos e 69 podios na Copa do mundo e era dobre Campión Olímpico e Mundial. Maier comezou un longo e duro proceso de rehabilitación que durou 17 meses e que lle fixo perderse as tempadas 2001-2002 e 2002-2003 así como os Xogos Olímpicos de Salt Lake City 2002. Moitos pensaron que a súa carreira rematara e poucos que puidese volver andar con normalidade e moito menos esquiar.

Con todo Maier volveu á Copa do Mundo en xaneiro de 2003 en Adelboden, Suíza, e só dúas semanas despois sorprendeu a todo o mundo do esquí cunha sorprendente vitoria do super-G en Kitzbühel, Austria. En 2004, na súa primeira tempada completa tras o accidente, Maier volveu gañar a competición global da Copa do Mundo por cuarta vez na súa carreira e a súa quinta Copa do Mundo no Super-G, un feito visto como un dos maiores regresos na historia dos deportes. Ese ano, Hermann Maier recibiu o premio Laureus World Sports Award polo regreso do ano.

Como reflexo da súa natureza aparentemente indestructible, foi alcumado Herminator. Despois dos Xogos Olímpicos de Nagano apareceu no programa de Jay Leno, xunto co actor Arnold Schwarzenegger, coñecido no mundo enteiro pola saga Terminator.[2]

En 2004, Maier escribiu unha autobiografía cos seus amigos e o seu axente de publicidade, Knut Okresek. Un libro en lingua alemá titulado Hermann Maier: Dás Rennen Meines Lebens ("Herman Maier: A carreira da miña vida") no que contaba a súa recuperación dende o accidente de motocicleta en 2001. En 2005, VeloPress, adquiriu os dereitos do libro e foi publicado durante os Xogos Olímpicos de 2006 como Hermann Maier: The Race of My Life.

En outubro de 2005 Maier gañou o slálom xigante de Sölden, o que o colocou como o segundo esquiador con máis vitorias na Copa do Mundo con 51 por detrás unicamente de Ingemar Stenmark que sumou 86 e por diante de Alberto Tomba con 50. Maier conseguiu as súas vitorias en slálom xigante, superxigante, descenso e combinada, mentres que Stenmark e Tomba o fixeron unicamente en slálom e slálom xigante, o cal indica o completo que foi Maier no esquí.

O 30 de novembro de 2008, case tres anos despois do seu último triunfo nunha proba da copa do mundo, logrou sumar en Lake Louise a súa vitoria número 54 (e podio número 95), aumentando ademais a 24 a marca de vitorias en superxigante, disciplina na cal é claramente o mellor de todos os tempos. Converteuse ademais no segundo esquiador alpino de maior idade en gañar unha proba da Copa do Mundo con 35 anos e 358 días, por detrás de Marco Buechel con 36 anos e 45 días.

Resultados

Xogos Olímpicos de Inverno

Campionatos Mundiais

Copa do Mundo

Clasificación xeral Copa do Mundo

  • 1995-1996: 106°
  • 1996-1997: 21°
  • 1997-1998: 1º
  • 1998-1999: 3°
  • 1999-2000: 1º
  • 2000-2001: 1º
  • 2001-2002: Non participou
  • 2002-2003: 45° (soamente participou en cinco carreiras)
  • 2003-2004: 1º
  • 2004-2005: 3°
  • 2005-2006: 6°
  • 2006-2007: 19°
  • 2007-2008: 21°
  • 2008-2009: 26°

Clasificación por disciplinas (Top-10)

  • 1996-1997:
    • Super Xigante: 4º
  • 1997-1998:
    • Super Xigante: 1º
    • Slálom Xigante: 1º
    • Descenso: 2º
    • Combinada: 2º
  • 1998-1999:
    • Super Xigante: 1º
    • Slálom Xigante: 3º
    • Descenso: 6º
    • Combinada: 6º
  • 1999-2000:
    • Descenso: 1º
    • Super Xigante: 1º
    • Slálom Xigante: 1º
    • Combinada: 2º
  • 2000-2001:
    • Descenso: 1º
    • Super Xigante: 1º
    • Slálom Xigante: 1º
  • 2003-2004:
    • Super Xigante: 1º
    • Descenso: 3º
    • Combinada: 10º
  • 2004-2005:
    • Super Xigante: 2º
    • Descenso: 3º
    • Slálom Xigante: 4º
    • Combinada: 9º
  • 2005-2006:
    • Super Xigante: 2º
    • Descenso: 7º
    • Slálom Xigante: 8º
  • 2006-2007:
    • Super Xigante: 6º
  • 2007-2008:
    • Super Xigante: 10º
  • 2008-2009:
    • Super Xigante: 4º

Vitorias da Copa do Mundo (54)

Descenso (15)
Data Lugar
29 de decembro de 1997 Bormio Italia Italia
16 de xaneiro de 1998 Wengen Suíza Suíza
29 de decembro de 1998 Bormio Italia Italia
27 de novembro de 1999 Beaver Creek Estados Unidos de América Estados Unidos
8 de xaneiro de 2000 Chamonix Francia
29 de xaneiro de 2000 Garmisch-Partenkirchen Alemaña Alemaña
2 de decembro de 2000 Beaver Creek Estados Unidos de América Estados Unidos
9 de decembro de 2000 Val d'Isère Francia
20 de xaneiro de 2001 Kitzbühel Austria Austria
2 de marzo de 2001 Kvitfjell Noruega Noruega
8 de marzo de 2001 Åre Suecia Suecia
6 de decembro de 2003 Beaver Creek Estados Unidos de América Estados Unidos
14 de febreiro de 2004 Sankt Anton am Arlberg Austria Austria
5 de marzo de 2005 Kvitfjell Noruega Noruega
28 de xaneiro de 2006 Garmisch-Partenkirchen Alemaña Alemaña
Slálom Xigante (14)
Data Lugar
25 de novembro de 1997 Park City Estados Unidos de América Estados Unidos
6 de xaneiro de 1998 Saalbach-Hinterglemm Austria Austria
13 de xaneiro de 1998 Adelboden Suíza Suíza
25 de outubro de 1998 Sölden Austria Austria
12 de xaneiro de 1999 Adelboden Suíza Suíza
31 de outubro de 1999 Tignes Francia
24 de novembro de 1999 Beaver Creek Estados Unidos de América Estados Unidos
5 de febreiro de 2000 Todtnau Alemaña Alemaña
29 de outubro de 2000 Sölden Austria Austria
10 de decembro de 2000 Val d'Isère Francia
9 de xaneiro de 2001 Adelboden Suíza Suíza
15 de febreiro de 2001 Shigakogen Xapón
10 de marzo de 2001 Åre Suecia Suecia
23 de outubro de 2005 Sölden Austria Austria
Super Xigante (24)
Data Lugar
23 de febreiro de 1997 Garmisch-Partenkirchen Alemaña Alemaña
6 de decembro de 1997 Beaver Creek Estados Unidos de América Estados Unidos
10 de xaneiro de 1998 Schladming Austria Austria
11 de xaneiro de 1998 Schladming Austria Austria
1 de febreiro de 1998 Garmisch-Partenkirchen Alemaña Alemaña
13 de decembro de 1998 Val d'Isère Francia
21 de decembro de 1998 Innsbruck Austria Austria
9 de xaneiro de 1999 Schladming Austria Austria
7 de marzo de 1999 Kvitfjell Noruega Noruega
28 de novembro de 1999 Vail Estados Unidos de América Estados Unidos
5 de decembro de 1999 Lake Louise Canadá
21 de xaneiro de 2000 Kitzbühel Austria Austria
16 de marzo de 2000 Bormio Italia Italia
26 de novembro de 2000 Lake Louise Canadá
19 de xaneiro de 2001 Kitzbühel Austria Austria
4 de marzo de 2001 Kvitfjell Noruega Noruega
27 de xaneiro de 2003 Kitzbühel Austria Austria
30 de novembro de 2003 Lake Louise Canadá
1 de febreiro de 2004 Garmisch-Partenkirchen Alemaña Alemaña
11 de marzo de 2004 Sestrières Italia Italia
24 de xaneiro de 2005 Kitzbühel Austria Austria
6 de marzo de 2005 Kvitfjell Noruega Noruega
20 de xaneiro de 2006 Kitzbühel Austria Austria
30 de novembro de 2008 Lake Louise Canadá
Combinada (1)
Data Lugar
18 de xaneiro de 1998 Wengen/Veysonnaz Suíza Suíza

Notas

  1. El austriaco Hermann Maier anuncia su retirada del esquí alpino
  2. Espen, Hal (28 de outubro de 2003). Outside 25: Classic Tales and New Voices from the Frontiers of Adventure. W. W. Norton & Company. p. 269. ISBN 978-0-393-32503-4. Consultado o 25 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Menara Saint-JacquesTour Saint-JacquesMenara Saint-Jacques pada April 2015Koordinat48°51′28.7″N 2°20′56.1″E / 48.857972°N 2.348917°E / 48.857972; 2.348917Koordinat: 48°51′28.7″N 2°20′56.1″E / 48.857972°N 2.348917°E / 48.857972; 2.348917Lokasiarondisemen ke-4 di ParisTipeReruntuhan gerejaTinggi52-meter (171 ft)Konstruksi pertama1509Tanggal selesai1525Didedikasikan kepadaSanto Yakobus yang Agung Monument Historique (18...

 

انتخابات الرئاسة المصرية 2012 البلد  مصر التاريخ مايو 2012  2005 2014 عدد الناخبين أكثر من 50 مليون[1] عدد الأصوات المرفوضة 406,720 عدد الأصوات المقبولة 23,265,516 عدد المترشحين 13 مرشحون محمد مرسي،  وأحمد شفيق،  وحمدين صباحي،  وعمرو موسى،  وعبد المنعم أبو الفتوح،  وخالد...

 

American TV series or program Hanna-Barbera's 50th: A Yabba Dabba Doo CelebrationAlso known asA Yabba Dabba Doo Celebration: 50 Years of Hanna-BarberaGenreLive-actionAnimationVariety showBased onCharactersby Hanna-Barbera ProductionsWritten byMarshall FlaumDirected byMarshall FlaumStarringTony Danza (Host)Annie Potts (Co-host)Whoopi GoldbergBetty WhiteSammy Davis, Jr.Tommy LasordaJonathan WintersPhyllis DillerValerie HarperShari BelafonteJoe FergusonTiffanyVoices ofGreg BursonHenry Corde...

No debe confundirse con China. Chyna Chyna en 2008.Información personalNombre de nacimiento Joan Marie Laurer Apodo Ninth Wonder of the World y Chynna Doll Nacimiento 27 de diciembre de 1969 Rochester (Estados Unidos) Fallecimiento 17 de abril de 2016(46 años)Redondo Beach, California,Estados UnidosCausa de muerte SobredosisSepultura Cenizas esparcidas en el Océano PacíficoNacionalidad EstadounidenseReligión La iglesia de Jesucristo de los santos de los ultimos dias Lengua materna I...

 

Академічне веслуванняна XXX Олімпійських іграх Місце проведення Озеро Дорні, ЛондонДати28 липня 2012 — 4 серпня 2012Учасників50 з 12 країн← 20082016 → Академічне веслування на літніх Олімпійських іграх 2012 Одиночки чоловіки жінки Двійки чоловіки жінки Парні двійки...

 

2019 single by Doja Cat This article is about the Doja Cat song. For virtual sex encounters, see Cybersex. For the Blackbear mixtape, see Cybersex (mixtape). Cyber SexSingle by Doja Catfrom the album Hot Pink ReleasedNovember 7, 2019Recorded2019StudioThe Hive & Gold Diggers’ Studios (Los Angeles, California)GenreBubblegum rap[1]Length2:46LabelKemosabeRCASongwriter(s)Amala Zandile DlaminiGerard A. Powell IIAllan P. GriggLydia AsratDavid SprecherProducer(s)Kool KojakTizhimselfDoja...

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: ヤングタウンTOKYO – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2015年3月) ヤングタウンTOKYO 生放送が行われたTBSホ...

 

Genus of plants Indigofera Indigofera tinctoria Scientific classification Kingdom: Plantae Clade: Tracheophytes Clade: Angiosperms Clade: Eudicots Clade: Rosids Order: Fabales Family: Fabaceae Subfamily: Faboideae Tribe: Indigofereae Genus: IndigoferaL. (1753) Type species Indigofera tinctoriaL. Species See text. Synonyms[1][2] Acanthonotus Benth. (1849) Amecarpus Benth. (1847) Bremontiera DC. (1825) Brissonia Neck. (1790), opus utique oppr. Eleimanthus Hochst. (1846) Elasmoca...

 

Alexandre de RhodesTranh chân dung Alexandre de RhodesSinh15 tháng 3 năm 1593Avignon, Lãnh địa Giáo hoàng (nay thuộc Pháp)Mất5 tháng 11, 1660(1660-11-05) (69 tuổi)Isfahan, Ba TưQuốc tịch Lãnh địa Giáo hoàngTổ chứcGiáo hội Công giáo Alexandre de Rhodes (15 tháng 3 năm 1593 – 5 tháng 11 năm 1660) là một nhà truyền giáo Dòng Tên và một nhà ngôn ngữ học người Avignon. Ông là một trong những giáo sĩ đã góp ph...

Praia, Tanjung Verde (munisipalitas) Munisipalitas Lambang kebesaranLokasi di Tanjung VerdeNegara Tanjung VerdePulauSantiagoLuas • Total102,6 km2 (396 sq mi)Populasi (2010) • Total131.719 • Kepadatan130/km2 (330/sq mi)Kode ISO 3166-2CV-PRSitus webhttp://www.cmpraia.cv/ Praia adalah salah satu dari 22 munisipalitas di Tanjung Verde. Menurut sensus 2010, Praia memiliki luas 102,6 kilometer persegi dan populasi 131.719 jiwa. Kode ...

 

American baseball player Baseball player Jason JaramilloJaramillo with the Pittsburgh PiratesCatcherBorn: (1982-10-09) October 9, 1982 (age 41)Racine, Wisconsin, U.S.Batted: SwitchThrew: RightMLB debutApril 16, 2009, for the Pittsburgh PiratesLast MLB appearanceSeptember 28, 2011, for the Pittsburgh PiratesMLB statisticsBatting average.235Home runs4Runs batted in38 Teams Pittsburgh Pirates (2009–2011) Medals Men's baseball Representing  United States ...

 

2009 single by Takayoshi Tanimoto (Dragon Soul)Yeah! Break! Care! Break!Single by Takayoshi Tanimoto (Dragon Soul)A-sideYeah! Break! Care! Break!B-sideOver the StarReleasedJune 24, 2009 (2009-06-24)GenrePopLabelColumbia Music EntertainmentSongwriter(s)Yuriko MoriTakafumi IwasakiTakayoshi Tanimoto (Dragon Soul) singles chronology Dragon Soul (2009) Yeah! Break! Care! Break! (2009) Yeah! Break! Care! Break! (ヤ・ブレ・カ・ブレ, Ya Bure Ka Bure) is the eighth single by Ja...

Place in La Libertad, PeruLaredo, PeruTraffic circle in the highway at the entrance of the city FlagLaredo, PeruLocation in PeruCoordinates: 8°5′11.51″S 78°57′35.35″W / 8.0865306°S 78.9598194°W / -8.0865306; -78.9598194Country PeruRegionLa LibertadProvinceTrujilloFoundedDecember 28, 1961Government • TypeMayor–council government • MayorJavier Rodriguez Vasquez (2019-2022)Elevation89 m (292 ft)Population • ...

 

This article is about Sandvikens AIK's bandy section. For the football section of the club, see Sandvikens AIK Fotboll. Ice hockey team in Sandviken, SwedenSandvikens AIKCitySandviken, SwedenLeagueElitserienFounded16 March 1901; 122 years ago (1901-03-16)Home arenaGöransson ArenaHead coachJoakim ForslundWebsitesaik.com Home colours Away colours Sandvikens AIK (commonly known as SAIK) a sports club in Sandviken, Sweden. The bandy section plays its home games in the Göransso...

 

2011 video gameBrawl BustersDeveloper(s)SkeinGlobePublisher(s)Rock Hippo Productions Ltd. & Weezor Inc.Platform(s)Microsoft WindowsReleaseDecember 15, 2011[1]Genre(s)ActionMode(s)Multiplayer, Single-player Brawl Busters was a free-to-play Online Multiplayer Action video game developed by Korean developer, SkeinGlobe, and published by Toronto-based publisher, Rock Hippo Productions, for the PC. The game was officially released on December 15, 2011,[1] and the servers were c...

Minors abortion law This article's lead section may be too short to adequately summarize the key points. Please consider expanding the lead to provide an accessible overview of all important aspects of the article. (September 2015)This article's factual accuracy may be compromised due to out-of-date information. The reason given is: In the U.S. The laws have since been changed. Please help update this article to reflect recent events or newly available information. (June 2022)Youth rights Act...

 

Mapa de los eslavos occidentales en el siglo IX y X:      Principales tribus      Zona de población mixta                      Gran Moravia                      Territorios de los eslavos occidentales Los polanos occidentales (en polaco: Polanie)...

 

Gente de Zona Рэнди Мальком и Александр Дельгадо Основная информация Жанр кубатон, реггетон Годы 2000 — н.в. Страна  Куба Место создания Гавана Другое название Gente D' Zona Язык испанский, английский Лейблы Planet Records•Sony Music Entertainment US Latin LLC / Magnus Media LLC Состав Александр Дельгадо (род. ...

This article uses bare URLs, which are uninformative and vulnerable to link rot. Please consider converting them to full citations to ensure the article remains verifiable and maintains a consistent citation style. Several templates and tools are available to assist in formatting, such as reFill (documentation) and Citation bot (documentation). (April 2023) (Learn how and when to remove this template message) Annual race in Japan since 1970 Hofu MarathonThe Kirin Lemon Stadium Salt Arena Hofu...

 

kurzer 8 cm Granatwerfer 42 Jenis Mortir Negara asal Nazi Germany Sejarah pemakaian Digunakan oleh  Jerman Pada perang Perang Dunia II Sejarah produksi Perancang Rheinmetall Tahun 1940–41 Diproduksi 1941–45 Spesifikasi Berat 26,5 kg (58,4 lb) Panjang laras 74 cm (2 ft 5 in)[1] Berat Selongsong peluru 3,5 kg (7 pon 11 oz) Kaliber 81,4 mm (3,20 in) Elevasi 40° hingga 90° Sudut putar 14° hingga 34°[1&#...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!