Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
A herba ulmeira ou herba das abellas[1] (Filipendula ulmaria) é unha especie de planta herbácea pertencente á familia das rosáceas. Aparece en Galicia.
Descrición
A herba ulmeira (Filipendula ulmaria (L.) Maxim. 1879) distínguese de Filipendula vulgaris en ter follasbasais con non máis de 5 pares de folíolos, que miden máis de 2 cm; pétalos máis pequenos, de 2-5 mm . Vilosa, perenne, de talos simples ou ramosos de até 2 m; raíces sen tubérculos. A inflorescencia adoita ser máis longa ca larga. Flores brancas con estams, máis longos ca os pétalos. Florea polo verán.
Antiinflamatorio: Os derivados salicilatos que contén inhiben a síntese de prostaglandinas por inactivación irreversíble da COX-1. O efecto antiinflamatorio maniféstase principalmente nas fases iniciais da inflamación.
Analxésico: Os derivados salicilatos producen analxesia ao actuaren a nivel central sobre o hipotálamo e a nivel periférico bloqueando a xeración de impulsos dolorosos, mediante o bloqueo da síntese de prostaglandinas mediada pola inhibición da cicloosixenasa.
Antipirético : Os derivados salicilatos reducen a temperatura anormalmente elevada cando actúan sobre o centro termorregulador do hipotálamo producindo vasodilatación periférica. A vasodilatación aumenta a sudación e por tanto a perda de calor. Non diminúen a temperatura normal.
Contraindicaciones
Hipersensibilidade aos salicilatos
Absterse de prescribir extractos concentrados de Ulmaria en caso de úlceras gastroduodenais, hemorraxias activas ou cando se sigan tratamentos con anticoagulantes ou hemostáticos.
Non prescribir formas de dosificación orais con contido alcólico a meniños menores de dous anos nin a consultantes en proceso de deshabituación etílica.
Historia
A partir da oxidación do aldehido salicílico (compoñente principal de Filipendula ulmaria) descubriuse o ácido salicílico en 1838, que á súa vez orixinou o descubrimento do ácido acetilsalicílico en 1853. Este último, coñecido como Aspirina, tornouse unha das menciñas máis sonadas e utilizadas no mundo dende hai máis dun século. O seu nome precisamente deriva do nome latino da herba ulmeira: Spiraea.
Taxonomía
Filipendula ulmaria foi descrita por (L.) Maxim. e publicado en Trudy Imperatorskago S.-Peterburgskago Botaničeskago Sada 6(1): 251. 1879.[2]
Etimoloxía
Filipendula: nome xenérico que vén de filum que significa "fío", e pendulus que significa "pendurando". Disque o nome describe os tubérculos da raíz que penduran caracteristicamente sobre o xénero, en raíces fibrosas.
Galego: herba ulmeira; herba das abellas; raíña dos prados; filipéndula[1].
Notas
↑ 1,01,1Nomes vulgares en galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009