O Helsingin Jääkiekkoklubi, tamén coñecido como HJK, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui, Finlandia. O equipo foi fundado en 1972 logo da fusión da sección de hóckey sobre xeo do Helsingin Jalkapalloklubi e os Karhu-Kissat. Os maiores éxitos do equipo chegaron na categoría feminina, na que se proclamaron campioas finlandesas na tempada inaugural da liga feminina e revalidaron o título na segunda tempada.
Palmarés
Trofeos colectivos
- SM-sarja/Naisten liiga
- A Sammon Malja (Copa Sampo) foi o trofeo entregado anualmente ao equipo vencedor da Naisten SM-sarja ata 2010, cando foi substituído pola Aurora Borealis Malja. Foi o trofeo principal da competición. HJK gañou un total de 2 veces o trofeo: 1983, 1984
- 1 medallas de prata como segundo clasificado: 1986
- 1 medallas de bronce como terceiro clasificado: 1985
Véxase tamén
Ligazóns externas