Hay Day é un videoxogo para móbiles tipo freemium de agricultura desenvolvido e publicado por Supercell. Hay Day foi lanzado[1] para iOS o 21 de xuño do 2012 e para Android o 20 de novembro do 2013. Segundo un informe de 2013, Supercell gañou[2] 30 millóns de dólares ao mes grazas a Hay Day e a Clash of Clans, outro xogo creado por Supercell. No 2013, Hay Day foi o cuarto xogo máis alto en ingresos xerados[3].
Trama
O tío do xogador decide xubilarse e deixar unha granxa, pero le ofrece ao xogador a oportunidade de quedársela e cuidarla. O xogo comenza coa presentación dun espantallo que ensina ao xogador acerca da colleita do trigo. Ao vender cultivos e produtos, o xogador gañará moedas que poderán usarse para comprar edificios de produción, mascotas e artigos de decoración. Ao facelo, tamén obterá puntos de experiencia (EXP), que permiten subir de nivel. A medida que avance o xogo, Angus, un amigo do tío do xogador, será introducido na trama e ensínalle sobre a pesca.
Os xogadores poden agruparse en "veciñanzas", onde os membros poden axudarse mutuamente cando o necesiten, conversar entre eles ou doar artigos, entre outros. Só poderán doar 20 obxectos ao día e pedir cousas cada 12 horas.
Xogabilidade
Varios cultivos son desbloqueados nas diferentes etapas do xogo; cultivos como o trigo e os plátanos, e árbores froiteiras e arbustos. O xogador tamén pode comprar animais de granxa, pescar e capturar animais acuáticos como peixes, lagostas e patos; e comprar animais de compañía que deben ser alimentados para obter EXP. O xogador tamén pode aumentar os terreos da súa granxa noutras etapas.
Recepción
Publicación
|
Cualificación
|
Gamezebo
|
[4]
|
Metacritic
|
67/100[5]
|
Pocket Gamer
|
[6]
|
Pocket Gamer[7] outorgoulle un premio de bronce. Na Google Play[8] ten unha recepción de 4,5 sobre 5 e na App Store[9] ten unha recepción de 4,5 sobre 5.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas