Harold Bride

Modelo:BiografíaHarold Bride

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1890 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte29 de abril de 1956 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Glasgow, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
EducaciónLangley Park School for Boys (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmariño Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912viaxe de inauguración do RMS Titanic
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912viaxe de inauguración do RMS Titanic Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Bride-24 Find a Grave: 13055305 Editar o valor en Wikidata


Harold Sydney Bride, nado en Londres o 11 de xaneiro de 1890 e finado o 29 de abril de 1956, foi o radiotelegrafista subalterno do RMS Titanic. Traballando xunto con Jack Phillips, Bride axudou informando ao Capitán Smith sobre os barcos que ían en axuda do Titanic. A mañá seguinte á traxedia, Bride foi rescatado polo RMS Carpathia e sen preocuparse polo seu estado físico tras pasar toda a noite no mar, axudou ao operador de radio do Carpathia a transmitir a lista de pasaxeiros sobreviventes do RMS Titanic.[1]

Bride foi moi cuestionado pola prensa escrita e pola Armada dos Estados Unidos, quen lle cuestionaron que mentres estaba no RMS Carpathia non axudou nas preguntas que se lle facían sobre algúns dos pasaxeiros, ao que Bride se defendeu dicindo que a prioridade era dar mensaxes privados dos pasaxeiros e informar aos sobreviventes, non responder ás preguntas da prensa. Tamén dixo que a Armada non entendeu o código morse, algo que esta negou.[1][2]

Aínda que foi un testemuño clave do afundimento, Bride sempre mantivo un perfil baixo.[3] Antes do Titanic, o 16 de marzo de 1912, Bride comprometérase con Mabel Ludlow pero rompeu este compromiso pouco despois cando coñeceu en setembro a Lucy Downie, con quen casou o 10 de abril de 1920.

Durante a primeira guerra mundial, Bride serviu como telegrafista no vapor Mona's Isle e en 1922 marchou coa súa dona a vivir a Escocia onde pasou o resto dos seus días. Tivo tres fillos, Lucy (1921), John (1924) e Jeanette (1929).[1]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!