Hans Enoksen, nado en Itilleq o 7 de agosto de 1956,[1] é un político groenlandés que exerceu como o terceiro primeiro ministro de Groenlandia dende 2002 a 2009.
Traxectoria
Monolingüe en lingua groenlandesa,[2] foi un membro do Parlamento de Groenlandia dende 1995. Foi ministro de Pesca, Caza e Asentamentos e presidente do partido político Siumut en 2001. Foi elixido primeiro ministro o 14 de decembro de 2002. O seu partido gañou só cun 28%, un 7% menos ca as anteriores eleccións de 1999, pero aínda así abondo para gañar.
Despois da súa elección comezou unha alianza co partido de esquerdas Inuit Ataqatigiit. As dúas partes comezaron a debater como cambiar o acordo con Dinamarca e os Estados Unidos sobre canto debería recibir Groenlandia en compensación pola base aérea estadounidense situada fóra da cidade de Thule, no norte do país. Nas eleccións de 2009, Inuit Ataqatigiit gañoulle cun 43% dos votos en comparación co 26% do partido de Enoksen.
Despois da derrota de 2009, Hans Enoksen retirouse como líder do Siumut.[3]
Nas eleccións de 2013 foi reelixido, pero en xaneiro de 2014 estaba tan insatisfeito coa política de Siumut que deixou o partido e estabeleceu un novo partido político, o Naleraq.[4] O novo partido conseguiu o 11,6% dos votos válidos nas eleccións de 2014, e conseguiu tres membros para o parlamento groenlandés. Enoksen obtivo 2.425 votos persoais.[5]
Foi presidente do parlamento en 2018.
Notas