Hana-Rawhiti Kareariki Maipi-Clarke,[1] nada en 2002,[2] é unha política maorí de Nova Zelandia, representando do Partido Maorí como parlamentaria dende as eleccións xerais de 2023. É a deputada máis nova da cámara dende James Stuart-Wortley, quen foi elixido nas eleccións de 1853 con 20 anos e 7 meses.
Traxectoria
Os devanceiros de Maipi-Clarke son Waikato,[3][4] Ngāpuhi, Ngāti Porou, Te Āti Awa e Ngāi Tahu.[5] O locutor Potaka Maipi é o seu pai.[6] É a sobriña neta da activista pola lingua maorí Hana Te Hemara.[7] Taitimu Maipi, cuxo activismo contribuíu á retirada da estatua do capitán Hamilton en 2020, é o seu avó.[7] Wi Katene, o primeiro deputado maorí nomeado para o Consello Executivo, foi o seu tatara-tatara-tatara-tataraavó.[8]
Maipi-Clarke recibiu a súa educación en Te Wharekura o Rākaumangamanga, en Huntly.[9] Con 17 ano, publicou o libro Maahina sobre maramataka, o calendario lunar maorí.[5] Rangi Mātāmua inspirouna para investigar o tema cando deu conferencias sobre Matariki.[9] En 2023, deu un curso de adestramento aos New Zealand Warriors sobre maramataka e Matariki.[10]
Carreira política
Durante Te Wiki o te Reo Māori en setembro de 2022, Maipi-Clarke pronunciou un discurso nas escaleiras da Casa do Parlamento.[11][12] Varios partidos políticos achegáronse despois a Maipi-Clarke, pedíndolle que considerase incorporarse a eles.[7]
Tanto Maipi-Clarke como o seu pai estaban baixo a consideración do Partido Maorí como candidatos para o electorado Hauraki-Waikato. Ao final, o partido optou por unha "perspectiva xuvenil"[13] e foi seleccionada para participar nas eleccións xerais de 2023. Presentouse no cuarto posto das listas do partido. Durante a campaña, Maipi-Clarke foi vítima de múltiples invasións do seu domicilio, ás que o Partido Maorí considerou de motivación políticas.[14] Un home ancián que presuntamente era un coñecido activista do Partido Nacional recibiu un aviso de intrusión pola policía.[15]
Nas eleccións xerais de 2023 celebradas o 14 de outubro, Maipi-Clarke desbancou á deputada do Partido Laborista de Nova Zelandia, Nanaia Mahuta, por unha marxe de 2.911 votos.[16] Elixida con 21 anos, Maipi-Clarke converteuse no segundo deputado máis novo do Parlamento de Nova Zelandia e na máis nova en 170 anos.[17][5][18] É a segunda máis nova por detrás de James Stuart-Wortley, que foi elixido nas primeiras eleccións xerais do país en 1853 cando tiña 20 anos e 7 meses.[5] El non debía ter sido elixido, xa que a idade mínima esixida era de 21 anos, mais mentiu sobre a súa idade.[19]
A mediados de decembro de 2023, Maipi-Clarke uniuse ao comité selecto de asuntos maorís do Parlamento. Tamén se converteu en voceira do desenvolvemento maorí de Te Pāti Māori, dos rangatahi (mozos), da lingua maorí, da soberanía kai (alimentaria), da agricultura, da conservación, dos deportes e recreación, bioseguridade e aduanas.[20]
A mediados de setembro de 2024, Maipi-Clarke converteuse nun dos catro destinatarios do premio One Young World Politician of the Year 2024. A organización concedeulle o galardón sobre a base de que "a súa participación no eido político permitiu aos mozos maorís e á xeración máis nova ter voz dentro da democracia de Nova Zelandia".[21]
O 14 de novembro de 2024, Maipi-Clarke protestou contra un proxecto de lei no parlamento de Nova Zelandia que reinterpretaría un tratado entre os maorís e a Coroa. Ela protestou partindo pola metade unha copia da Lei dos Principios do Tratado durante a súa primeira lectura no Parlamento, mentres dirixía o haka "Ka Mate".[22][23] Despois diso, o voceiro do parlamento, Gerry Brownlee, suspendeu o pleno do Parlamento durante 20 minutos e suspendeu a Maipi-Clarke polas súas accións durante 24 horas.[24]
Notas
- ↑ "Members Sworn". New Zealand Parliament. 5 de decembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2023. Consultado o 11 de decembro de 2023.
- ↑ Manhire, Toby (20 de agosto de 2023). "Te Pāti Māori set to bring youngest MP to parliament for 170 years". The Spinoff. Consultado o 2 de outubro de 2023.
- ↑ "Hana-Rawhiti Maipi-Clarke". Te Pāti Māori (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2024. Consultado o 2024-10-14.
- ↑ "Introducing the One Young World Politician of the Year Award 2024 Winners | One Young World". www.oneyoungworld.com (en inglés). Consultado o 2024-10-14.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Te Pāti Māori announces list, may elect NZ's youngest MP, aged 20". Radio New Zealand. 20 de agosto de 2023. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ Los'e, Joseph (20 de agosto de 2023). "Te Pāti Māori promotes youth to Parliament list". Te Ao News. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Rolleston, Te Aorewa (29 de xuño de 2023). "Granddaughter of Hamilton statue activist to contest Hauraki-Waikato seat". Waikato Times. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ Husband, Dale (23 de agosto de 2023). "Hana Rawhiti Maipi-Clarke – Te Pāti Māori Candidate for Hauraki Waikato". Waatea News. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2023. Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ 9,0 9,1 Tyson, Jessica (3 de xullo de 2020). "17-year-old launches book about maramataka Māori". Te Ao News. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2023. Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ "Matariki explained to One New Zealand Warriors players". New Zealand Warriors. 14 de xullo de 2023. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2023. Consultado o 15 de outubro de 2023.
- ↑ Dewes, Te Kuru o te Marama (22 de decembro de 2022). "A momentous year for te reo Māori". The Spinoff. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ Hanly, Lillian (14 de setembro de 2022). "Powerful speeches at 50th Māori Language Petition anniversary". 1 News. Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ Panapa, Maioha (19 de maio de 2023). "Father and daughter weigh options to represent Te Pāti Māori in Hauraki-Waikato". The New Zealand Herald. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2023. Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ "Te Pāti Māori candidate's home invaded in 'politically motivated attack'". 1 News. 29 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2023. Consultado o 14 de outubro de 2023.
- ↑ Hewett, William (5 de outubro de 2023). "Election 2023: Te Pāti Māori says candidate Hana-Rāwhiti Maipi-Clarke's home invaded again". Newshub. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2023. Consultado o 14 de outubro de 2023.
- ↑ "Hauraki-Waikato – Official Result". Electoral Commission. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2023. Consultado o 3 de novembro de 2023.
- ↑ "Waikato election 2023 results". The New Zealand Herald. 15 de outubro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2023. Consultado o 15 de outubro de 2023.
- ↑ "Youngest members of Parliament – New Zealand Parliament". parliament.nz. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ Sewell, Henry (1980). W. David McIntyre, ed. The Journal of Henry Sewell 1853–7: Volume I. Christchurch: Whitcoulls Publishers. ISBN 0-7233-0624-9.
- ↑ "Te Pāti Māori Portfolios List" (PDF). Waatea News. 14 de decembro de 2023. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 23 de febreiro de 2024. Consultado o 23 de febreiro de 2024.
- ↑ "Hana-Rawhiti Maipi-Clarke wins young world politician of the year award". RNZ. 13 de setembro de 2024. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2024. Consultado o 14 de setembro de 2024.
- ↑ "MP rips up bill, leads haka as NZ parliament erupts over Waitangi treaty bill – video". The Guardian.
- ↑ "Watch: Haka interrupts vote for the Treaty Principles Bill". RNZ (en inglés). 14 de novembro de 2024.
- ↑ Manch, Thomas (14 de novembro de 2024). "'Shame': Outcry as Treaty Principles Bill debated in Parliament". The Post (Stuff). Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2024. Consultado o 15 de novembro de 2024.