Halterio

Non confundir con haltere aparello ximnástico.

Halterios dunha típula (díptero).
Halterios dun estrepsíptero.

Os halterios, tamén chamados balancíns, son pequenas estruturas en forma de maza, que son modificacións dun dos dous pares de ás nalgúns dos insectos alados.[1]

Nos diferentes grupos

A maioría dos insectos alados teñen dous pares de ás (aínda que algúns, como os coleópteros só utilicen para o voo as ás do segundo par, primeiro está endurecido e funciona como coiraza cando o insecto está pousado (os élitros).

Na orde dos dípteros (moscas e mosquitos) ás ás posteriores modificáronse en halterios.

Mentres que nos da orde dos estrepsípteros, pequenos insectos parasitos de abellas, avespas e cascudas son as ás anteriores as que se transformaron en halterios.

Función

Estas estruturas axítanse rapidamente durante o voo. Conteñen os chamados órganos cordotonais, sinxelos órganos posicionais que funcionan como xiroscopios, informando ao insecto sobre a rotación do corpo durante o voo e a súa posición espacial.

Etimoloxía

A palabra halterio provén do grego antigo ἁλτῆρες altḗres, un derivado do veebo ἅλλομαι hállomai, 'saltar', 'lanzarse'. (Cf. ἅλμα hálma, 'saltando').[2][3][4]

Estes ἁλτῆρες ou halteras eran un tipo de pesos duplos utilizados na Antiga Grecia, nos deportes, eran utilizados no levantamento de pesas (desta mesma orixe deriva o termo deportivo haltere, usado na halterofilia), e tamén como pesos na versión antiga do salto de lonxitude, que probabelmente consistía nun conxunto de tres saltos.[5][6][7]

No salto, as halteras levábaas o atleta en ambas as mans para poder saltar a unha distancia maior. Talvez as deixaban caer tras o primeiro ou o segundo salto. Segundo evidencias arqueológxicas, o atleta balancearía os pesos cara a atrás e logo o botaba cara a adiante xusto antes do salto e faríaas pivotar cara a atrás xusto antes de liberalas e chegar ao chan. Desta manobra de balanceamento probabelmente deriven os sinónimos vulgares do galego e castelán balancín,[1][8] do portugués balancim,[9] e do catalán balancí,[10] para halterio, haltere e halteri, respectivamente. No italiano só se usa o termo bilanciere.

Notas

  1. 1,0 1,1 halterio s m. ENTOM Par de apéndices, capitados e móbiles, que substitúen o segundo par de ás nos dípteros. OBS: Tamén se denominan balancín. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISNB 84-7680-504-7.
  2. ἁλτῆρες
  3. ἅλλομαι
  4. ἅλμα
  5. Gardiner, Norman (2002). "Athletics in the Ancient World". Dover (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  6. Pearl, Bill (2005). "Getting Stronger: Weight Training for Sports" (en inglés). Shelter. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  7. Miller, Stephen G. (2006). "Ancient Greek Athletics" (en inglés). Yale University Press. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  8. balancín, 10ª acep., no DRAE.
  9. Klowden, M. J. (2007): Physiological systems in insects. Elsevier/Academic Press. pp. 497-499.
  10. balancí, 4ª ecep. No Diccionari da la llengua catalana. Barcelona / Palma de Mallorca / València: Institut d'estudis catalans, 1995, ISBN 84-2973-981-5.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros atrigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!