"Halo" é unha canción interpretada pola artista estadounidense de R&B Beyoncé, composta para o seu terceiro álbum I Am... Sasha Fierce. Ryan Tedder, Evan Bogart e a propia Beyoncé a escribiron nun lapso de tres horas no estudio de gravación. e foi publicada como o cuarto sinxelo do álbum por Columbia Records. Está composta nun tempo moderado, de oitenta e catro pulsacións por minuto, na tonalidade de La maior, e nas súas líricas a protagonista describe un amor sublime.
"Halo" foi versionada por varios artistas, como por exemplo: Florence and the Machine no 2009, Westlife no 2010 e Robin Stjernberg no 2011. Na serie de televisión Glee a pista foi combinada con "Walking on Sunshine" de Katrina & the Waves, no episodio «Vitamina D» (2009).[1]
Notas