Hadrián VII[1] (en inglés: Hadrian the Seventh) é unha novela de 1904 escrita por Frederick Rolfe, quen a escribiu baixo o pseudónimo "Baron Corvo".[2] A obra máis coñecida de Rolfe, esta novela desenvólvese a partir dun artigo que escribiu no conclave para elixir o sucesor do papa León XIII. O limiar introdúcenos a George Arthur Rose (un dobre transparente do propio Rolfe): un candidato fracasado de sacerdote que renegou da súa vocación por mor das maquinacións da arquitectura eclesiástica da Igrexa católica, e que agora vive só co seu gato amarelo.
Foi traducida ó galego por Celia Recarey[3] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2014.[1]
Notas