Gwasg Gee foi unha editorialgalesa que tivo a súa orixe na imprenta de Thomas Gee na vila de Denbigh e á que o seu fillo Thomas Gee converteu nunha auténtica editorial. Durante dous séculos foi unha das maiores editoriais en lingua galesa. Pechou no ano 2001.
Historia
En 1808 o reverendo Thomas Jones establecera unha imprenta en Ruthin que mercou Gee en 1813 e trasladou a Denbigh[1]. Tras facerse cargo do negocio familiar Thomas Gee fillo en 1845[2] comezou a editar o periódico literario trimestral Y Traethodydd que se sumou ao que xa viña publicando desde 1843 Y Faner e que fixeron coñecida á casa editora. En 1854 comezou a publicación de Y Gwyddoniadur Cymreig enciclopedia en dez volumes que se completou en 1879. Tras a morte de Gee a empresa pertenceu aos seus herdeiros ata 1914 e en 1935[3] mercouna o esposo da escritora Kate Roberts e tras a morte deste foi Roberts quen se fixo cargo da editorial.