Gumersindo Liñares Iglesias, finado en Ordes o 24 de agosto de 1929[1], foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de Juan Liñares Carmuega e Carmen Iglesias Rodríguez. Apoiou a Antonio del Río, pero cando caeu pasou ao bando de Saturnino Aller Rodríguez. Foi nomeado xuíz municipal de Trazo en 1889[2]. Foi alcalde de Trazo de 1905 até a ditadura de Primo de Rivera. En 1923 negouse a entregar o bastón de mando á autoridade militar, polo que foi detido e levado á Coruña.
Vida persoal
Casou con Pilar Iglesias Rapela, irmá da muller de Antonio Concheiro Rodríguez, e foi pai de Juan Liñares Iglesias.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas