O Grupo de Coordinación Internacional para Kosovo (ISG) é unha organización formada de acordo co Plan Ahtisaari sobre o proceso do estatuto de Kosovo, configurado para guiar o desenvolvemento democrático e promover a boa gobernanza de Kosovo, a súa multietnicidade e o mantemento do Estado de dereito.
O ICR é a autoridade final en Kosovo en canto á interpretación do Plan e ten a "capacidade de anular decisións ou leis aprobadas polas autoridades de Kosovo e de sancionar e destituír a funcionarios públicos cuxas accións sexan contarias aos obxectivos do Plan.[2] O primeiro responsábel do ICR e a REUE en Kosovo foi o diplomático Pieter Feith.
Na Declaración de indpendencia de Kosovo en 2008 aceptábanse totalmente as obrigas do Plan Ahtisaari.[3] A reunión inaugural tivo lugar o xoves 28 de febreiro de 2008. O grupo foi declarado "ilegal" por Serbia[4] e condenado por Rusia.[5]
O 10 de setembro de 2012, o Grupo de Coordinación Internacional terminou formalmente a súa supervisión.[6]
Membros
Hai 25 países que son membros do Grupo de Coordinación, dos cales 15 estaban xa na súa formación, e outros 10 que se uniron máis tarde. Todos os países do grupo recoñecen a declaración de independencia de Kosovo.
No proxecto do plan de Ahtisaari o ISG estaba composto por:
Francia
Alemaña
Italia
Rusia
Reino Unido
Estados Unidos
Unión Europea
Comisión Europea
OTAN
O grupo está composto actualmente por 20 estados membros da UE e cinco países non comunitarios:
↑"3. Aceptamos plenamente as obrigas para Kosovo contidas no Plan Ahtisaari, e acoller o cadro que propón parea orientar Kosovo nos próximos anos". (Da Declaración dos membros da Asemblea de Kosovo de 7 de febreiro de 2008).