O traballo do Grupo Memphis adoita incorporar materiais plásticoslaminados e terrazo e caracterizouse por un deseño efémero con decoración colorida e abstracta, así como formas asimétricas, ás veces aludindo arbitrariamente a estilos e deseños exóticos ou anteriores.[1]
Historia
Memphis naceu na noite do 11 de decembro de 1980, cando Sottsass convidou a un grupo de mozos deseñadores e arquitectos para discutir o futuro do deseño. Xuntos, querían cambiar o concepto no que se centrara o deseño, que fora o Modernismo e pretendían facelo creando e formando un novo colectivo de deseño. Despois da súa primeira reunión, o grupo marchou a facer unha chuvia de ideas e conceptos e, tres meses despois, volveu reunirse dispostos a compartir máis de cen debuxos que elaboraran durante ese tempo.[2]
O nome de "Memphis" xurdiu durante o seu primeiro encontro cando o disco de Bob Dylan " Stuck Inside of Mobile with the Memphis Blues Again " estivera soando repetidamente no fondo.[3] Para Sottsass, o nome "Memphis" representaba dúas cousas: unha cidade en Tennessee e a capital do Antigo Exipto. O grupo de deseñadores, entón, continuou adiante e utilizou a ambigüidade detrás do nome "Memphis" para representar e simbolizar as súas ambiguas filosofías de deseño de mobles, obxectos e téxtiles. No caso de Sottsass en concreto, mostrou un gran interese polo gusto da clase media, as tradicións do Terceiro Mundo e Oriente e a natureza.[4]
Sottsass deixou o grupo en 1985 para centrarse na súa firma de deseño e arquitectura, Sottsass Associati,[5] e o grupo acabou por disolverse en 1987.
Impacto
Os coloridos mobles de Memphis foron descritos como "estraños", "incomprendidos", "odiados" e comparados coa tenda xoguetes para nenos, "Fisher-Price".[6]
Durante os seus anos de actividade, o grupo deseñou unha serie de mobles inconformistas. Un dos seus deseños máis populares e coñecidos é o estante para libros "Carlton", un poste totémico que incorpora unha variedade de cores brillantes, formas sólidas e ocos. A propia estrutura está construída con laminados plásticos baratos, aínda que deseñados para ser vendidos nun mercado de luxo, e incorpora unha serie de triángulos equiláteros, tanto reais como implícitos.[7]
Desde mediados dos anos 80 ata principios dos anos 90 o deseño de mobles, arquitectura, artigos para o fogar e roupa estivo moi influenciado polos deseños do grupo Memphis. As empresas de surf, skate, esquí e BMX non tardaron en adoptar a estética nos seus deseños. Programas de televisión como Miami Vice mostraron moitos exemplos arquitectónicos.[8]
Entre os coleccionistas de Memphis máis notables atopáronse o deseñador de moda Karl Lagerfeld[11] e o músico David Bowie.[12] Despois da morte de Bowie en 2016, parte da súa colección, incluídas as pezas que posuía do Grupo Memphis, foi poxada nunha poxa de Sotheby's.[13]