Grupo Folha

Grupo Folha

Sede do grupo en São Paulo.
TipoEmpresa de capital fechado [1]
Fundación1921
Localización São Paulo
Persoas claveOctávio Frias de Oliveira (fundador)
Luiz Frias (presidente)
IndustriaMedios de cominicación
ProdutosPeriódicos e Internet
Beneficio2,7 mil millóns de R$ (2010)
Beneficio neto600,0 millóns de R$ (2010)
Número de empregados7 000
Na rede
http://www1.folha.uol.com.br/institucional/en
editar datos en Wikidata ]

O Grupo Folha é un conglomerado de cinco empresas brasileiras de Medios de cominicación, fundado polo empresario Octavio Frias de Oliveira (1912-2007) e dirixido polo seu fillo Luiz Frías desde 1992.[2]

Datos económicos

Na última década o grupo case triplicou a súa facturación, chegando aos 2 700 millóns de reais en 2010. O lucro antes de descontar os intereses, impostos, depreciacións e amortizacións (EBITDA) alcanzou os 600 millóns de reais.[3]

O grupo publica o xornal de maior circulación do Brasil, a Folha de S. Paulo (en portugués, Folha de S. Paulo) que, desde 1986 mantén o liderado entre os diarios nacionais de interese xeral.[4]

En febreiro de 2012, este periódico ampliou o seu liderado entre os diarios de prestixio no Brasil, con 297 500 exemplares en circulación, media diaria do mes, situándose nun 12 % por diante do carioca O Globo, e nun 20,3 % por riba de O Estado de S. Paulo.[5]

Ademais da Folha, o grupo publica o periódico Agora São Paulo e ten un 50 % de participación no diario Valor Econômico, en sociedade co Grupo Globo. Os dous son líderes de circulación nas áreas de periodismo popular e periodismo económico, respectivamente.

En setembro de 2016 o Grupo Globo comprou a última parte do Grupo Folha e pasou a ser o único dono do diario Valor Econômico.[6]

Distribución e impresión

Nos sectores de distribución e impresión, o Grupo Folha conta coas unidades de negocio Transfolha e Folhagráfica. Tamén posúe participacion accionarial nas empresas Plural e SPDL. A Plural é resultado dunha joint-venture coa estadounidense Quad/Graphics e co control do Grupo Folha.

A SPDL é unha asociación entre os grupos Folha (50 %) e Estado (50 %) e distribúe os xornais das dúas empresas.[7] Tamén fan parte do Grupo Folha o Datafolha, un dos principais institutos de investigación sociolóxica do país; a editora Publifolha; o selo Três Estrelas, lanzado en 2012 para publicar libros nas áreas de humanidades, e a axencia de noticias Folhapress.

Internet

Entrada principal do grupo Folha.

1995

  • A Folha lanza o primeiro xornal en tempo real do país, o FolhaWeb.[8]

1996

  • Lánzase en abril o Universo Online (UOL), provedor de acceso a Internet e contidos.[9]

1999

  • O FolhaWeb pasa a chamarse Folha Online.[8]

2010

  • En decembro, o UOL concluíu a compra da Diveo Broadband Networks.[10]
  • O grupo comezou a producir e distribuír o contido xornalístico en formato compatíbel con dispositivos móbiles.[8]

2012

  • O xornal adopta o paywall.[8]

Empresas

Xornalismo

  • Folha de S. Paulo (edición impresa, sitio web e aplicacións para plataformas móbiles)
  • TV Folha
  • Site F5
  • Folha Internacional
  • Agora São Paulo
  • Guia Folha
  • revista sãopaulo
  • revista Serafina
  • Revista da Hora
  • Guia Folha de libros, vídeos e filmes
  • Xornal Alô Negócios (Estado do Paraná)
  • Folhapress (axencia de noticias)
  • Acervo Folha (arquivo dixital)
  • Banco de Dados Folha

Libros

  • Editora Publifolha
  • Selo Três Estrelas
  • Livraria da Folha

Gráfica

  • Plural
  • Folha Gráfica

Loxística

  • Transfolha
  • SPDL

Enquisas de opinión e estatística

  • Datafolha

Internet e tecnoloxía da información

  • Sitio web da Folha e aplicacións para plataformas móbiles
  • Universo Online (UOL)
  • UOL Afiliados
  • UOL Diveo
  • UOL Host
  • UOL Megastore
  • UOL Links
  • Shopping UOL
  • BoldCron
  • Colorcube Games
  • PagSeguro
  • BOL
  • Uni5.com
  • Emprego certo
  • Cobre Direto
  • Todo Desconto
  • Livraria da Folha
  • Zipmail
  • DHC
  • Metade Ideal
  • Toda Oferta
  • NotaNet
  • Radar de Descontos
  • Compasso

Notas

  1. Sociedade anónima na cal o capital social representado polas accións está normalmente dividido entre poucos accionistas.
  2. "Luiz Frias - Saiba mais sobre o presidente do Grupo Folha". Suno Research (en portugués). 
  3. "Grupo Folha triplica faturamento em dez anos e consolida liderança". Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  4. "Folha mantém liderança de circulação no país, mostra IVC". Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  5. Camila Dias e Raquel Balarin. "Valor, 15 anos de bom jornalismo e reinvenções". Valor Econômico. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  6. "Grupo Globo adquire controle do jornal 'Valor Econômico'". www1.folha.uol.com.br. 13 de setembro de 2016. Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  7. "Conheça a São Paulo Distribuição e Logística (SPDL)". UOL. Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Líder entre jornais, Folha completa 20 anos na internet". Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  9. "UOL recebe prêmio como melhor provedor". Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  10. "João Queiroz Filho, da Hypermarcas, vai comprar 29 % do UOL". O Globo (en portugués). 29 de decembro de 2010. Consultado o 4 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!