Os gromos de raios gamma (tamén coñecidos como explosións de raios gamma ou GRB nas súas siglas en inglés) son escintileos de raios gamma asociados con explosións estremadamente enerxéticas en galaxias afastadas. Son os eventos electromagnéticos máis luminosos que ocorren no universo. Os gromos poden durar dende uns nanosegundos até varias horas,[1] pero polo xeral, un gromo típico adoita durar uns poucos segundos. Con frecuencia son seguidos por unha luminescencia residual de longa duración de radiación a lonxitudes de onda maior, (raios X, radiación ultravioleta, luz visible, radiación infravermella e radiofrecuencia).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Misión BRG