Un grillón[1] é unha peza de ferro en forma de aro que serve para suxeitar unha cadea a algunha parte. Tamén se denomina así o obxecto consistente en dous aros, unidos por unha cadea, usado para suxeitar os tornecelos dos presos, a diferenza doutro similar para suxeitar os pulsos das persoas detidas ou presas, que recibe o nome específico de esposas.[2]
Os grillóns foron utilizados para o transporte de escravos, nas galeras para manter os remeiros (moitos deles condenados) nos seus bancos, e cando os presos tiñan que desprazarse fóra das prisións ou penitenciarías.
Os grillóns como instrumento de tortura
Un tipo especial de grillóns utilizáronse como instrumentos de tortura principalmente en Escocia, os Países Baixos e outros países do norte de Europa. Consistían nun colar de aceiro unido á parede ou a unha árbore por medio dunha cadea curta.
O aro metálico poñíase no colo do torturado, canda outros nos pulsos, asegurado cun cadeado.
A súa utilización máis común era na picota para delincuentes eclesiásticos ou civís.
Algúns casos deste tipo de tortura déronse aínda a principios do século XX en Escocia.