Gran Glasgow (en inglés: Greater Glasgow, en escocés: Mòr-Ghlaschu e en scots: Muckler Glesca) é unha área urbana de Escocia formada por tódalas localidades que se atopan a carón da cidade de Glasgow, formando con ela unha única zona urbana (ou conurbación). Non ten efectos no goberno municipal, e a súa extensión territorial, definida pola Oficina de Rexistro Xeral de Escocia, ten fins censais e estatísticos. Gran Glasgow tiña unha poboación de 1 199 629 no censo de 2001,[1] mconverténdose na maior área urbana de Escocia e a quinta do Reino Unido.[2]
Localidades
A zona coñecida como a área urbana de Glasgow inclúe as seguintes localidades:
A conurbación de Glasgow conta co servizo da maior rede de ferrocarril urbano no Reino Unido excluíndo a Londres,[4] con 186 estacións de ferrocarril na área de Glasgow. A cidade ten o único sistema de metro de Escocia e o segundo meirande do Reino Unido, o Metro de Glasgow, e ademais conta con dous aeroportos internacionais, o Aeroporto de Glasgow Prestwick[5] e o Aeroporto Internacional de Glasgow.[6]