Gonzalo Gerardo Higuaín, nado en Brest o 10 de decembro de 1987, é un futbolista profesional arxentino. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Inter Miami CF da Major League Soccer (MLS).
Traxectoria
Higuaín comezou xogando nas categorías inferiores do River Plate arxentino, e fixo o seu debut co primeiro equipo o 29 de maio de 2005 na vitoria de River por 2-1 contra o Club de Gimnasia y Esgrima La Plata.[1] O 12 de febreiro de 2006, anotou o seu primeiro gol na vitoria por 3-1 contra o Banfield.
En decembro de 2006, Higuaín fichou polo Real Madrid a cambio de 12 millóns de euros. Debutou o 11 de xaneiro de 2007, contra o Real Betis, na segunda rolda da Copa do Rei.
Palmarés
Campionatos nacionais
- Real Madrid
- Napoli
- Juventus
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas