Golfiños de auga doce

Pontoporia blainvillei, do Río da Prata.

Co nome de golfiños de auga doce ou golfiños de río coñécense varias especies de cetáceos odontocetos que, a diferenza dos golfiños (ou golfiños oceánicos, como se coñecen adoito na bibliografía), teñen o seu hábitat en estuarios e cursos fluviais.

Estes particulares golfiños está englobados en tres superfamilias Platanistoidea, Inioidea e Lipotoidea, e actualmente son cinco especies (ou catro, de consideramos extinta a Lipotes vexillifer).

Os golfiños do xénero Orcaella, que ocasionalmente poden verse nas augas doces dalgúns ríos do sueste asiático, como o Mekong ou o Irauadi, non son propiamente golfiños de río, senón membros da familia dos delfínidos, é dicir, golfiños oceánicos.

Especies modernas

Inia geoffrensis, do río Amazonas.
Lipotes vexillifer, do río Yangtzé.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!