Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Goiáns.
San Sadurniño de Goiáns é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 1.606 habitantes (809 homes e 797 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación.
Patrimonio
A igrexa parroquial é de estilo barroco. Construída no século XVII, atravesou varias reformas a cargo da comunidade catalá establecida na parroquia con industrias conserveiras.
Ten unha soa nave, de proporcións cadradas. Recentemente engadíuselle o coro aos pés. Na cabeceira sitúase a capela maior, con bóveda de canón rebaixada sobre muros de cachotería de pedra. Esta capela maior pertencera xa á antiga igrexa, moito máis estreita.
Ten apegada ao lateral dereito unha sancristía de menor altura que o resto da nave. No exterior tapouse o aspecto orixinal cun aplacado de pedra. A fachada é sinxela, cunha porta e unha fiestra por riba, con cornixa a dúas augas rematada nunha pequena espadana. O campanario foi colocado de forma illada preto da igrexa cando esta foi reconstruída.
No seu interior consérvase un sarcófago do século V.
Goiáns na literatura popular
- As mociñas de Goiáns/ a todas lles cai o pelo/ que lle caeu o resío/ na fontiña de Sequelo [2].
- As mociñas de Goiáns/ fixeron o río Novo/ para lavar o refaixo/ que c... polo rodo [3].
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Goiáns
Parroquias de Porto do Son
Notas
- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 171. Recollida en [[Lampón, Boiro|Lampón]}], parroquia de Boiro, concello limítrofe con Porto do Son, ó que pertence Goiáns. Estas dúas parroquias non son lindeiras.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 171.
Véxase tamén
Outros artigos