Geranium

O xénero Geranium, comunmente chamado xeranio, agrupa 422 especies de plantas anuais, bienais e perennes frecuentemente utilizadas en xardinaría polas súas atractivas flores e o seu aroma característico. O seu hábitat comprende todas as rexións tépedas do mundo incluídas as zonas montañosas dos trópicos, aínda que se atopan maioritariamente na rexión oriental do Mediterráneo. Comprende 1216 especies descritas e destas, só 411 aceptadas.[1]

Por coincidencia, xeranio é tamén o nome vulgar, con que se refire, sobre todo nas rexións subtropicais a varias especies do xénero Pelargonium (P. hortorum, P. domesticum e P. peltatum) que inclúe aos malvóns e que tamén deriva da familia Xeraniáceas; o cal orixina confusión. Antigamente o xénero Geranium incluía ás especies do Xénero Pelargonium.

En xeral, as especies agrupadas no Xénero Geranium, son máis resistentes ao frío que as do Xénero Pelargonium, salvo algunhas excepcións como o de Geranium maderense.

Descrición

Segundo o seu uso paisaxístico clasifícanse como herbáceas, respecto de arbustivas e arbóreas. Moitas especies aquí agrupadas, posúen fitotoxinas, o cal fai que outras herbáceas atopen dificultades en penetrar plantacións xa estabelecidas dunha especie determinada deste xénero. Por iso recoñécense como confiables tapizantes.

As súas follas son simples, normalmente palmatidivididas, ás veces case enteiras e dentadas, estipuadas -estípulas libres ou soldadas, papiráceas-, pecioladas. As follas basais dispóñense xeralmente formando unha roseta; as follas caulinares, alternas ou opostas.

Inflorescencia

As súas flores forman unha inflorescencia chamada Pleiocasio ou cima umbeliforme.

A forma das flores, permite dilucidar a confusión dos xéneros mencionados. As flores correspondentes ao xénero Geranium presentan cinco pétalos moi similares e radialmente simétricos, mentres que as que se corresponden co xénero Pelargonium, presentan os dous pétalos superiores diferentes dos tres inferiores.

As especies agrupadas no xénero Geranium posúen un mecanismo diferencial de dispersión de sementes, polo cal, estas resultan exectadas ao secarse o froito, que é un esquizocarpo, cápsula subdividida en cinco mericarpos, contendo unha semente cada unha.

Cultivo

Estas plantas presentan unha certa plasticidade en canto aos seus requirimentos de chans, a non ser que estes sexan excesivamente húmidos. É o caso do xeranio búlgaro, Geranium macrorrhyzum, ou a herba de San Roberto, Geranium robertianum. En cambio, o xeranio español, Geranium endressii, o de cheiro, Geranium platypetalum e o do Himalaia, Geranium himalayense, prefiren os chans arxilosos orgánicos. Á súa vez o xeranio de rocha, Geranium cinereum, prefire chans areosos.

Respecto de requirimentos de luz, variará segundo as especies. Dos nomeados, por ex, G. macrorrhyzum e G. robertianum preferirán a sombra, mentres os restantes, pleno sol.

Propáganse por: esgallos semi-leñosos obtidos das plantas nais, durante a estación cálida. O enraizado adoita tardar 20 días, aínda que iso non asegurará obter un material idéntico ao orixinal.

O abonado con humus diluído en auga, estimula o desenvolvemento da planta. Pódese agregar un tapón de urea por planta (procurando botalo afastado do talo) cada 20 días.

Para obter unha floración máis continua e limpa, pódense eliminar as flores secas.

Pragas e enfermidades

As follas adoitan ser atacadas por distintos tipos de fungos causando manchas de diversas cores que poden ser combatidas con funxicidas. Tamén poden sufrir o ataque de lesmas, ácaros ou "araña vermella" e áfidos ou, como comunmente son chamados, "pulgóns". Na rexión mediterránea os xeranios sofren a praga da bolboreta do xeranio desde os anos 1980, cando foron introducidas desde Suráfrica.

Taxonomía

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 676. 1753.[2] A especie tipo é: Geranium sylvaticum L.

Etimoloxía

Geranium: nome xenérico que deriva do grego: geranion, que significa "grúa", aludindo á aparencia do froito, que lembra ao pico desta ave.[3]

Especies seleccionadas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!