George David Low, nado en Cleveland, Ohio, o 19 de febreiro de 1956 e finado o 15 de marzo de 2008, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-32, STS-43 e STS-57.[1][2]
Traxectoria
Low graduouse en enxeñaría física pola Universidade de Washington e Lee en 1978 e en enxeñaría mecánica pola Universidade Cornell en 1980, cun máster en aeronáutica e astronáutica pola Universidade Stanford en 1983.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1984, participando nas misións STS-32, STS-43 e STS-57 e pasando un total de 29,75 días no espazo.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos