Giacomo Russo, nado en Milán o 23 de outubro de 1937 e finado en Caserta o 18 de xuño de 1967, foi un piloto de automobilismo italiano, máis coñecido como Geki.
Traxectoria
Piloto experimentado nas fórmulas máis baixas italianas, tamén participou en tres Gran Premio de Italia de Fórmula 1 de 1964-66, fallou na cualificación de 1964, pilotando un Brabham para Rob Walker. Nos dous Grandes Premios que comezou, pilotou un Team Lotus. Non logrou puntos de campionato.
No entanto, foi catro veces campión de Italia de Fórmula 3, gañando campionatos consecutivos entre 1961 e 1964.[1]
Faleceu nun horrible accidente nunha carreira de Fórmula 3 italiana en Caserta en 1967. Tras un accidente nos que se viron involucrados Beat Fehr, Andrea Saltari e Franco Foresti, Fehr correu pola pista para advertir aos pilotos que se achegaban sobre os coches danados e o aceite na calzada. O seguinte grupo de coches incluía a Geki, Massimo Natili, Jürg Dubler, Romano "Tiger" Perdomi e Corrado Manfredini que non puideron evitar chocar cos restos do accidente na pista. O Matra de Geki chocou contra un muro e morreu ao instante. Fehr foi alcanzado por un dos autos e tamén morreu e Perdomi morreu no hospital oito días despois.[2]
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
Véxase tamén