Gatocán (en inglés: CatDog) foi unha serie de debuxos animados estadounidense do canal Nickelodeon, creada por Peter Hannan.
Argumento
Conta a historia de dous irmáns siameses: un gato intelixente e racional e un can idiota e alegre, ambos constitúen un corpo onde cada punta posúe unha cabeza e un par de patas. Os dous forman a criatura chamada GatoCán, CatDog na versión orixinal. Durou entre 1998 e 2001.
GatoCán foi separado dos seus pais (un sapo e unha criatura peluda, estilo Home do Ieti ou Pés Grandes) por un tornado. Dende entón viven nunha casa con formato de peixe e óso na cidade de Pretoburgo (Nearburg), xunto cun rato azul.
GatoCán sempre se mete en confusos enredos cunha banda de cans, formada polo xefe Blefe, xunto con Biluca e Chilique.
O programa nunca foi moi popular en ningunha parte do mundo, pero posúe unha relativa lexión de fans de proporcións razoables, formada principalmente polo público preescolar e preadolescente, non obstante, ten algunha mensaxe máis dirixida ós adultos.
No Xabarín Club (TVG) foi emitido por primeira vez no ano 2004.
Véxase tamén
Outros artigos