Gary Andrew Speed, MBE, nado en Mancot o 8 de setembro de 1969 e finado en Huntington (Inglaterra) o 27 de novembro de 2011, foi un futbolista e adestrador de fútbol galés. Foi internacional coa selección galesa.
Traxectoria
O seu primeiro equipo foi Leeds United. Ademais foi xogador-adestrador do Sheffield United entre o 2008 e o 2010. É o xogador que disputou máis partidos na era da Premier League de Inglaterra, desde a súa creación en 1992. Antes da súa morte adestraba a selección nacional de fútbol de Gales.
Véxase tamén
Ligazóns externas