A Game Boy Pocket (en xaponés: ゲームボーイポケット) é unha consola de videoxogos portátil fabricada por Nintendo. Foi posta á venda o 21 de xullo de 1996 no Xapón por 69,99$ (10.822,20 iens) e o 3 de setembro de 1996 en Norteamérica.[1] Lanzouse á vez que a Nintendo 64 en todo o mundo, e en Europa chegou ao mercado en 1997. Ten espazo para dúas pilas AAA, que proporcionan aproximadamente 10 horas de xogo.[2]
Este modelo é unha modificación da Game Boy clásica. Comparada co modelo clásico, a Pocket tiña un tamaño moito máis pequeno, o porto tamén diminuíu de tamaño e a pantalla pasou de ser en "verde e negro" a un auténtico display "branco e negro", mellorando a calidade notablemente en comparanza co vello modelo de Game Boy. A Game Boy Pocket tiña un pequeno porto "link", que requiría un adaptador para conectarse co vello modelo de Game Boy. O porto foi deseñado para usar en todos os modelos anteriores ó modelo Game Boy Micro. A primeira versión do modelo Pocket non incluía o led de carga das pilas, pero foi incluído na segunda versión do modelo, en 1997, por demanda do público.