Galicia (A Habana)

Galicia
PaísCuba
Lingualingua castelá
Na rede
Galiciana: 577340
editar datos en Wikidata ]

Galicia é o título dun semanario ilustrado que se publicou na Habana entre 1902 e 1930, baixo o subtítulo de Revista semanal ilustrada, se ben este subtítulo foi modificado en numerosas ocasións.[1] En 1905 engadiu á cabeceira o lema: Autonomía regional. Fundouno o rexionalista Vicente López Veiga, natural de Moeche (A Coruña) quen foi o seu primeiro director ata o número 48 do segundo ano, para ser substituído por José Benito Cerdeira, que tamén figura como administrador a partir dese mesmo número. Constantino Horta Pardo foi o director de 1906 a 1908.

Características

O primeiro número saíu o 25 de xullo de 1902 e desapareceu o 30 de maio de 1930. A partir de 1911 abandonou o formato grande (40 x 28 cm) e aumentou significativamente o número de páxinas. A lingua utilizada foi maioritariamente o castelán, reservando o galego para algúns textos poéticos, aínda que tamén nalgún en prosa.[2] O 25 de xullo de 1920 publicouse un número extraordinario integramente en galego.

Xa desde os primeiros números contou coa colaboración de Manuel Curros Enríquez, pero a nómina de colaboradores é extensísima e acolle a practicamente todos os escritores da época, como Concepción Arenal, Uxío Carré Aldao, Lamas Carvajal, Lugrís Freire, Manuel Murguía, Pardo Bazán, José Pérez Ballesteros, Mercedes Vieito Bouza, Eladio Vázquez Ferro, etc., ademais de numerosos pseudónimos identificados ou non.[3] Esporadicamente publicou na portada algunha caricatura de Castelao (como acontece no número extraordinario xa citado) e de Vidales Tomé.

Nesta revista publicouse o 9 de abril de 1905 a primeira referencia á constitución da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, da que actuou como voceiro, sendo unha constante da publicación a vinculación con esta organización, co Centro Gallego de La Habana e coa Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. Dedicou un número monográfico á Curros Enríquez con motivo da súa morte, asemade cedeu a bandeira de Galicia que cubría o seu cadaleito no enterro. En 1909, ao formarse o Comité Redencionista da Habana, a revista converteuse no seu voceiro e, en 1912, publicou numerosas colaboracións en apoio do labor do movemento Acción Gallega, de Basilio Álvarez.

Notas

  1. Como tal, Revista Regional de más circulación en la República de Cuba, Revista gráfica Regional de La Habana, ou Publicación semanal Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba.
  2. En 1902 apareceu un poema con algunhas palabras en portugués.
  3. Entre outros Conde de Castelnovo que agocha ao propio López Veiga.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!