Os ciclistas galegos na Vuelta a España son aqueles que teñen participado nalgunha das 77 edicións disputadas entre 1935 e 2022. Entre eles salientan tres corredores que foron gañadores da proba: Delio Rodríguez en 1945, Emilio Rodríguez en 1950 e Álvaro Pino en 1986.
Delio Rodríguez Barros
Delio Rodríguez Barros (1916-1994) competiu en 6 edicións da Vuelta a España. Trátase do ciclista cun maior número de vitorias de etapa na historia da proba con 39, liderou a carreira un total de 32 días e foi o gañador absoluto na edición de 1945, na que rematou con media hora de vantaxe sobre o segundo clasificado, Julián Berrendero. En 1947 lideraba a carreira logo de 11 tiradas pero foi sancionado con 10 minutos e rematou terceiro. En 1945 e 1947 tamén gañou a clasificación por puntos.
Lenda: "x" Non houbo carreira. Lenda: "-" Non participou.
- Vitorias de etapa: 39
- Etapas líder: 32
Emilio Rodríguez Barros
Emilio Rodríguez Barros (1923-1984) competiu en 7 edicións da Vuelta a España. Na edición de 1948 acadou unha vitoria de etapa e rematou na segunda posición da clasificación xeral a nove minutos do gañador, Bernardo Ruiz. En 1950 acadou 5 vitorias de etapa e gañou a carreira cunha vantaxe de 15 minutos sobre o segundo clasificado, seu irmán Manuel Rodríguez. Ademais de gañar unha Vuelta a España e acadar 6 vitorias de etapa, conquistou a clasificación da montaña en 1946, 1947 e 1950. A carreira non se celebrou nos anos 1949, 1951, 1952, 1953 e 1954, coincidindo coa mellor época do ciclista.
Lenda: "x" Non houbo carreira.
- Vitorias de etapa: 6
- Etapas líder: 21
Álvaro Pino Couñago
Álvaro Pino Couñago (1956-...) competiu en 9 edicións da Vuelta a España, rematando 6 veces entre os 10 primeiros e acadando a vitoria final na edición do ano 1986 por diante de Robert Millar e Sean Kelly. Gañou 5 etapas, nos anos 1981, 1986, 1988 e 1989, a derradeira delas nos Lagos de Covadonga, e conquistou o gran premio da montaña na edición de 1988.
Lenda: "-" Non participou.
Lenda: "Ab." Abandonou.
- Vitorias de etapa: 5
- Etapas líder: 13
Vicente López Carril
Vicente López Carril (1942-1980) competiu en 8 edicións da Vuelta a España, acadando un 5º posto na edición de 1976 como mellor resultado, acadando ese ano unha vitoria na etapa 15 que rematou en Cangas de Onís.
Lenda: "-" Non participou.
- Vitorias de etapa: 1
- Etapas líder: 0
Manuel Rodríguez Barros
Ezequiel Mosquera Míguez
Óscar Pereiro Sio
Marcos Serrano Rodríguez
Jesús Blanco Villar
José Ángel Vidal Martínez
José Manuel Oliveira Boga
Raúl Rey Fomosel
José Bernárdez Boluja
José Luis Sánchez de la Rocha
Gustavo Miguel Otero Gómez
David Blanco Rodríguez
Gonzalo Rabuñal Ríos
Delio Fernández Cruz
Serafín Martínez Acevedo
Gustavo César Veloso
Jesús Rodríguez Carballido
Manuel Carrera Punzón
David García Dapena
Peio Arreitunandía Quintero
Carlos Canal Blanco
Gustavo Domínguez Lemos
Luis Fernández Oliveira
Pastor Rodríguez Barros
Véxase tamén
Outros artigos
Notas