Funny Games é un filme austríaco dirixido por Michael Haneke que se estreou en 1997.
Sinopse
Anna, Georg e mailo seu fillo Georgie van a pasar as vacacións á súa bonita casa á beira dun lago. Os seus veciños Fred e Eva chegaron antes que eles. As dúas parellas quedan para xogar ó golf ó día seguinte. Mentres pai e fillo preparan o veleiro, Anna prepara a cea. De súpeto, Peter, un rapaz moi educado que se aloxa na casa dos veciños, preséntase na súa cociña para pedir que lle deixen algúns ovos porque a Eva no lle queda ningún. Deste xeito comeza un macabro xogo entre Peter e o seu amigo Paul, e a familia.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 1997: Festival de Cannes: FIPRESCI. Nomeado á Palma de Ouro (mellor filme).
Véxase tamén
Ligazóns externas