"From Yesterday" é o terceiro single lanzado pola banda americana 30 Seconds to Mars do seu segundo álbum, "A Beautiful Lie".
Lista de temas
CD (Estados Unidos de América)
# |
Título |
Duración
|
1. |
"From Yesterday" (Radio Edit) |
3:52
|
2. |
"The Story" (Live @ AOL Sessions Under Cover) |
3:59
|
CD (Gran Bretaña)
# |
Título |
Duración
|
1. |
"From Yesterday" (Radio Edit) |
3:52
|
2. |
"Stronger" (Radio 1 Live) |
6:01
|
3. |
"From Yesterday" full directors cut video |
13:40
|
Vídeo musical
Jared Leto dixo que o vídeo de “From Yesterday” foi dirixido por un home danés e albino chamado Bartholomew Cubbins, inspirado no período da dinastía da China. Isto simplemente foi unha broma de Cubbins, xa que dita persoa e o protagonista do libro de Dr Seuss, “The 500 Hats of Bartholomew Cubbins”. Porén, algunhas páxinas aínda lle atribúen a Cubbins a dirección. É o primeiro vídeo de música dunha banda de rock estadounidense completamente rodado na República China. Tamén é considerado o vídeo máis caro da historia, cun custo de produción a redor de 13 millóns de dólares, superando en varios millóns de dólares a Michael e Janet Jackson no seu vídeo "Scream/Childhood".
Filmouse coa participación de mil soldados sostendo bandeiras o comezo do vídeo. O mesmo comeza cun neno pequeno, presumiblemente o emperador, onde lle preguntan que é o que desexa para o seu aniversario. Simplemente responde “The Sound of Tomorrow” (“O Son do Mañán”). A acción vaise a unha habitación onde están os membros da banda. Unha muller entra e avisaos de que xa é o momento. Guíaos á entrada do vestíbulo, e desaparece. Os membros camiñan cara ao final do mesmo, onde intentan abrir a porta, mais non poden. As luces apáganse.
Noutra escena, a banda camiña a través de portas enormes, e logo entre soldados. Mentres camiñan, Jared pode ver a unha muller con máscara branca camiñando xunto a eles, pero por fora da multitude de soldados, os cales non poden vela. Son guiados cara ao vestíbulo onde se encontra o emperador, onde lles entregan uns pergamiños. Jared pregúntalle a Shannon Leto, o seu irmán: “This is a gift?” (¿Isto é un regalo?). Cada un deles é conducido a un lugar diferente do reino, onde se encontran con moitas das tradicións chinesas:
- Matt Wachter encóntrase a un home golpeándose cun látego.
- Tomo Milicevic encóntrase unha muller morta recostada nunha cama, onde proceden a poñerlle na boca unha pequena bola negra.
- Shannon ve a un home adulto ao que lle daba de mamar súa nai, ou a esposa.
- Jared camiña cara a un grupo de homes que están sacrificando a tres mulleres novas.
Tras isto, móstrase a banda vestíndose coa armadura tradicional chinesa. Máis tarde encóntranse para un duelo contra catro homes vestidos iguais que eles. O final do vídeo, os membros da banda loitan contra os outros individuos. Só catro sobreviven, e están a punto de degolarse. Lentamente, cos primeiros acordes da canción "A Beautiful Lie"” de fondo, retíranse as máscaras e se ve que os catro membros da banda están vivos.
Posición nas listas
Notas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
EPs | |
---|
Sinxelos | |
---|