Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Frederico I.
Frederico I ou Ferry I, nado sobre 910/915 e finado en 978[1], foi conde de Bar e duque da Alta Lorena. Era fillo de Cunegunda e Wixerico, conde de Bigdau, máis tarde conde palatino de Lorena.
Traxectoria
O seu matrimonio con Beatriz de Francia, filla de Hugo o Grande (Robertiano), duque dos francos, e de Eduvixis de Saxonia, filla do emperador Henrique I de Alemaña, deulle en dote a renda lorenesa da abadía de Saint, entre as que se atopaba o abadía de Saint-Mihiel. Mandou construír unha fortaleza en Fains, na fronteira entre o reino de Francia e o reino de Alemaña, e cambiou feudos co bispo de Toul. Así foi como pouco a pouco se foi formando un dominio coherente que se converteu no Condado de Bar.
O ducado de Lotarinxia estaba entón encabezado polo arcebispo Bruno de Colonia, que era irmán de Odón I do Sacro Imperio Romano Xermánico e de Eduvixis de Saxonia, e polo tanto tío da muller de Frederico. Bruno e Odón decidiron en 959 dividir Lorena en dous ducados, e entón Frederico foi viceduque da Alta Lorena. Poucos anos despois, en 977, Frederico recibiu o título de duque da Alta Lorena.
Favoreceu a reforma monástica en Saint-Dié e Moyenmoutier.
Matrimonio e descendencia
Casou en 954 coa irmá de Hugo Capeto, Beatriz de Francia, da que tivo a:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas