En 1903 dirixiu La Emancipación de Noia. Foi Xuíz municipal de Outes (1908-1909). En novembro de 1917 dirixiu Gaceta de Galicia. Colaborou en A Nosa Terra. Foi candidato das Irmandades da Fala para as eleccións de 1918 polo distrito de Noia fronte a Eduardo Gasset Neira, pero foi derrotado. Foi proclamado deputado provincial polo distrito de Negreira-Corcubión en 1921[2], foi incapacitado e suspendido no cargo en marzo de 1923, pero o acordo foi revogado en novembro[3]. Tamén foi candidato a deputado polo distrito de Ordes nas eleccións de 1923[4]. Instalado como avogado en Santiago de Compostela, en 1931 foi elixido presidente do comité provisional da Agrupación Nazonalista de Santiago. En 1934 foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela e deputado provincial. Foi xefe superior de Administración civil.