Francisco Costa Fernández, coñecido como Kiko Costa, nado en Meira o 18 de maio de 1979, é un deportista, técnico audiovisual e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Técnico audiovisual de TVE e remeiro coa Sociedade Deportiva Samertolameu. Asentouse en San Adrián en 2005. Nas eleccións municipais de 2015 foi candidato nas listas do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vilaboa e foi elixido concelleiro. Foi concelleiro de medio ambiente e deportes. Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG. O 4 de agosto de 2020 anunciou a súa dimisión como alcalde por motivos persoais.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas