Francisco[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o xermánico *frankisk, que quere dicir 'franco, propio dos francos', o cal pasou ao latín serodio franciscus como unha adaptación do grupo étnico.[2]
En xaneiro de 2023 existían 16.596 varóns en Galicia co nome Francisco, cunha media de idade de 61,1 anos,[3] e 18 co nome Fuco, cunha media de idade de 11,6 anos.[4]
Variantes
En galego tamén ten os hipocorísticos Farruco, Fuco, Paco, Pacucho, Pancho, Panchulo, Pucho, Cholo, Chuco, Pachico, Pachuco, Chicolo, Quico, Xico, Cisco, Chicho, Chisco, Fran e Francucho.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos