Francisco Javier Alonso López, coñecido como Fran Alonso, nado en Madrid o 13 de xuño de 1976, é un adestrador de fútbol español, que actualmente dirixe o Deportivo da Coruña Feminino da Primeira División feminina.
Traxectoria
Traballou como xardineiro e conseguiu unha praza no concello de Móstoles, ata que con 30 anos decidiu cambiar de vida e tentar sorte no mundo do fútbol.[1] Instalouse na cidade inglesa de Bournemouth, onde traballou como limpador nun centro deportivo e comezou a adestrar no fútbol base.[1] Montou a súa propia academia de fútbol e no verán de 2012 ingresou no Southampton FC, para servir durante uns meses como tradutor do uruguaio Gastón Ramírez. Coa chegada ao banco do club de Mauricio Pochettino, exerceu como o seu axudante, ao tempo que traballaba no corpo técnico do equipo feminino. Posteriormente foi axudante de Ronald Koeman no propio Southampton e máis tarde no Everton, antes de coller en 2018 as rendas do Lewes feminino, da segunda división.[2][3]
En 2020 foi nomeado adestrador do Celtic feminino, de Escocia.[3] Co club verde e branco proclamouse dúas veces campión da Copa de Escocia e unha da Copa da Liga, e competiu na Liga de Campións. En decembro de 2023 instalouse nos Estados Unidos, onde asinou como novo técnico do Houston Dash da National Women's Soccer League. Deixou o club en outubro de 2024.[4]
O 25 de novembro de 2024 foi anunciado como novo adestrador do Deportivo da Coruña, da Primeira División, substituíndo no cargo á cesada Irene Ferreras.[5]
Palmarés
- Celtic Feminino
Notas